Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 30 de abril de 2018
VAL MIÑOR

A Mancomunidade do Val Miñor e os Concellos apoian o Parque de Bombeiros na comarca

Guardar en Mis Noticias.

A Iniciativa xa ten validadas sinaturas en número suficiente para continuar a tramitación parlamentaria.

[Img #40842]

 

Durante o último mes, nos plenos celebrados nos concellos do Val Miñor, Baiona, Gondomar e Nigrán foron aprobadas mocións nas que se mostraba o apoio á Iniciativa non lexislativa popular para a Creación dun Parque de Bombeiros de xestión pública directa con base nalgún dos Concellos da comarca miñorana, no que se integre o actual persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal da Mancomunidade do Val Miñor, así como que se instaba a todos os grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia a que asumisen dita iniciativa popular.

 

Nestes plenos, a moción de apoio á iniciativa popular foi apoiada por todos os grupos, agás o do BNG, que se abstivo en todas as institucións do Val Miñor nas que ten representación.

 

O pleno da Deputación rexeitou o apoio a esta iniciativa non lexislativa

Porén, no pleno da Deputación, esta moción de apoio á iniciativa popular, defendida polo deputado da coalición SON, Xosé Lois Jácome, foi rexeitada ao votar en contra os grupos do PP, PSOE e BNG.

 

A Comisión Promotora lamenta que "esta moción, que en si non era máis que un apoio á Iniciativa popular para darlle máis forza cando se debata no Parlamento de Galicia, fora rexeitada co argumento de que non propoñía unha solución global para toda a provincia. No pleno da Deputación apróbanse mocións sobre cuestións que afectan unicamente a zonas concretas da provincia, en todo caso, a creación dun parque de bombeiros pode formar parte da solución provincial de cara á dotación a toda a provincia dun servizo de bombeiros axeitado, sen zonas onde o tempo de resposta sexa superior ao adecuado", sinalan integrantes da promotora.

 

Sinaturas en número suficiente

Os promotores de dita iniciativa, concelleiros de Gondomar Concello Aberto, Nigrán Decide e EU-Son Baiona e membros de colectivos sociais do Val Miñor presentaron o pasado 16 de marzo no Parlamento as sinaturas que a subscribían, sendo xa validadas en número suficiente pola Xunta Electoral de Galicia, polo que agora continuará a súa tramitación parlamentaria esta iniciativa, xa admitida pola mesa, estando pendente a súa publicación no Boletín do Parlamento.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados