Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Lunes, 30 de abril de 2018
Baiona

O programa de Masterchef grabado en Baiona logra 2.365.000 espectadorese e un 14,6 por cento de cota de pantalla

Guardar en Mis Noticias.

 

 

MasterChef viaxou a Baiona na súa proba de exteriores. Desde un marco incomparable, o parador de Baiona, e co océano Atlántico ao fondo, os aspirantes do talent-show culinario elaboraron un menú típico galego para poñer a proba os seus dotes na cociña. O programa, que ten unha millonaria audiencia, é un dos maiores éxitos televisivos dos últimos anos e o seu tirón é indubidable. As imaxes de Baiona e a súa baía foron vistas por 2.365.000 espectadores e un 14,6 por cento de cota de pantalla. O programa foi o máis visto da cadea en todo o día.

 

Esa repercusión tamén foi moi considerable nas redes sociais, con numerosos comentarios e varios millóns de visualizacións dunha emisión na que os grandes protagonistas foron o Parador de Baiona, as espectaculares imaxes da Fortaleza de Monte Real, ademais da cociña galega. O programa tamén se coou entre os 5 primeiros  Trending  Topic a nivel estatal.

 

O Alcalde de Baiona, Ángel  Rodal, destaca a gran repercusión do programa, "que permitiu a millóns de persoas coñecer o  bellísimo paisaxe de Baiona así como o noso espectacular Parador e a Fortaleza de Monte Real. "Neste sentido, o rexedor especifica que "a promoción turística coas imaxes da nosa Vila de fondo foi enorme".

 

“Aspirantes benvidos a Baiona a beiras do Océano Atlántico e fronte ás marabillosas Illas Cíes. Un lugar de beleza inigualable”, esta foi a  entradilla que a famosa presentadora Eva González fixo da Real Vila antes de dar comezo á proba de exteriores do  talent culinario máis visto da historia da televisión española.

 

“Non hai mellor campaña para a promoción turística de Baiona que acoller un dos programas de maior audiencia da televisión española. Millóns de telespectadores observaron en horario de máxima audiencia imaxes da nosa Baía e da fortaleza de Monterreal, unha das mellores cartas de presentación do municipio. A emisión destas imaxes supón unha gran promoción turística para a marca Baiona”, destacou a Concelleira de Turismo, Beatriz Baiona.

 

A gravación deste segundo episodio supón unha gran promoción turística para o municipio. Estamos a falar dunha campaña turística a nivel estatal incrustada nunha emisión que ten unha duración de 2:20 h. en horario de máxima audiencia. É imposible valorar ese dato con exactitude, pero estariamos a falar dun importante investimento en promoción turística.

 

O vindeiro sábado ás 10.35 horas en TVE 1 emitirase de novo esta segunda entrega de ' MasterChef 6, cuxa proba de exteriores desenvolveuse no Parador de Baiona e que levou as imaxes da Real Vila de Baiona a miles de fogares españois. Os espectadores do programa convértense en potenciais visitantes do lugar unha vez divisada a espectacular beleza que ofrece o municipio.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados