Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Jueves, 3 de mayo de 2018
Baiona

O Concello de Baiona ampliará o pantalán de acceso ao Museo flotante da Carabela Pinta

Guardar en Mis Noticias.

[Img #40872]l

 

O Alcalde de Baiona, Ángel  Rodal, e o Presidente de Portos de Galicia, José  Juán Durán, visitaron o pantalán Cristóbal  Garccía Sarmiento de acceso á  Carabela Pinta para anuncia a ampliación do mesmo.

 

Os traballos supoñerán un investimento de 20.000 euros e servirán para facilitar a accesibilidade e despexar o reorganizado paseo de Alfonso IX.

 

“Coa nova localización do despacho de billetes de acceso ao Museo Flotante da  Carabela Pinta despexaremos o paseo de Alfonso IX, un lugar moi utilizado polos  baioneses e visitantes para gozar das bonitas panorámicas que ofrece o paseo. Renovarase e mellorarase unha infraestrutura que é utilizada polos dous traballadores que se ocupan do mantemento da  Carabela e do control de acceso á mesma. A  Carabela duns dos monumentos máis visitados da zona. O ano pasado visitárona ao redor de 50.000 persoas”, destacou Rodal.  

 

Durán tamén aproveitou a visita á Vila para comprobar o resultado das melloras da iluminación na contorna da  lonxa por valor de 6.000 euros.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados