Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 5 de mayo de 2018
NIGRÁN

Nigrán recorda aos particulares a obrigatoriedade de manter os terreos forestais libres de maleza

Guardar en Mis Noticias.

O Concello de Nigrán ven de publicar un Bando para a prevención de incendios no que recorda aos propietarios de terreos forestais a obrigatoriedade de manter estos espazos libres de maleza e lixo antes do remate do mes de maio. De acordo coa lexislación aplicable (Lei 3/2007 do 9 de abril) os titulares deben xestionar a biomasa vexetal e limpar as fincas nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, núcleo rural ou urbanizable; arredor das edificacións, vivendas illadas, depósitos de lixo ou parques situados a menos de 400 metros do moente; e arredor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.  Nos mesmos casos e na mesma franxa de 50 metros tampouco poderá haber especies como piñeiros, mimosas, eucaliptos, xestas, silvas, toxos, acacias ou fentos, entre outras.

 

O Concello de Nigrán agradece a colaboración da veciñanza para acadarmos entre todos un monte coidado e limpo, preservando o grande patrimonio natural do municipio e ao mesmo tempo garantindo a seguridade.  Como cidadáns, debemos prestar atención a aquelas accións que poden acabar co noso medio natural e poñer en xaque a integridade dos veciños da zona, tal e como quedou demostrado na terrible vaga de lumes do 15 de outubro. Por todo elo, o Concello de Nigrán advirte que de non cumplirse esta norma pódese abrir un expediente sancionador que leva aparellado importantes sancións económicas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados