Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 4 de mayo de 2018
OPINIÓN

A Bandeira Que Nos Une

Guardar en Mis Noticias.

Nos últimos anos estase procedendo de xeito sistemático á criminalización do uso de simboloxía galega nos recintos deportivos. Son reiterados os casos nos que se procede, por parte da Policía ou dos servizos de seguridade, a requisar bufandas, bandeiras e outro material coa bandeira galega ou a estreleira esteblecendo unha censura de feito ao uso da nosa simboloxía nacional. O pretexto é cumprir o establecido na Lei 19/2007 contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte que no seu Artigo 6.b (“Condicións de acceso ao recinto”) prohibe “introducir, exhibir ou elaborar faixas, bandeiras e outras enseñas que inciten á violencia ou en cuxa virtude unha persoa ou grupo delas sexa ameazada, insultada ou vexada por razón da súa orixe racial ou étnica, a súa relixión ou conviccións, a súa discapacidade, idade, sexo ou a orientación sexual”.

 

É evidente que os nosos símbolos nacionais nin incitan a violencia, nin constitúen ningunha expresión de racismo, xenofobia ou intolerancia.  O que si é unha mostra de racismo, intolerancia e xenofobia, por parte do Goberno español, é conculcar dereitos básicos como a liberdade de expresión para impedir e reprimir a manifestación de sentimentos pacíficos e lexítimos, criminalizando o uso de distintivos de afirmación da identidade galega ou de calquer sentimento de pertenza nacional distinto do español. O espectáculo indignante e bochornoso da final de Copa, co requisamento masivo de senyeras ou de prendas amarelas é un novo exemplo desta política represiva e antidemocrática. 

 

Via Galega- Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza expresa a súa máis firme condena destes feitos e fai un chamento aos siareiros e siareiras galegas para que acodan masivamente o vindeiro sábado a Balaídos lucindo os nosos símbolos nacionais.

 

Sexamos celtistas ou deportivistas, sentímonos ante todo galegos e galegas. Fagamos do noso Derby unha festa de irmandade e de defensa e afirmación da nosa bandeira nacional. 

 

Porque é a bandeira que nos une.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados