Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 4 de mayo de 2018
PROVINCIA

A Deputación abre este venres o prazo para inscribirse na primeira das “Depo Andainas” no Concello das Neves

Guardar en Mis Noticias.

Como actividade complementaria, as persoas que participen asistirán a unha pequena charla sobre os lumes que devastaron a provincia de Pontevedra o pasado outubro.

[Img #40937]

 

A Deputación de Pontevedra abre este venres ás 9:00 horas o prazo de inscrición para as persoas interesadas en participar na primeira quenda da terceira edición do programa gratuíto “Depo Andainas”, que comeza este novo ciclo o vindeiro mércores 20 de maio no concello das Neves cun percorrido circular de preto de 16 quilómetros que terá unha duración aproximada de 3 horas e media. O prazo permanecerá aberto ata o vindeiro 16 de maio a través dun formulario web en www.depo.gal/depo-andainas (o ano pasado as prazas das “DepoAndainas” esgotáronse ás 24 horas, polo que recomendamos facelo canto antes).

 

Trátase dunha actividade na que a vaga de lumes que arrasaron a provincia de Pontevedra o pasado mes de outubro ten unha importancia notoria, non só por se tratar nun punto que afectou a practicamente a totalidade do seu territorio (o 90%), senón tamén porque o percorrido incluirá unha actividade complementaria con esta temática. Deste xeito, as persoas asistentes asistirán a unha pequena charla na que se ofrecerá concienciación, sensibilización e prevención de lumes forestais, así como unha explicación sobre os factores que permitiron que as súas consecuencias e dimensións fosen tan devastadoras. Do mesmo xeito, as persoas que participen na primeira das “Depo Andainas” 2018 tamén aprenderán sobre o descubrimento dos petróglifos (únicos polas súas características) e das posibilidades de dinamización turística do Condado. Cada unha das actividades transversais enmárcanse dentro da campaña de promoción do destino Pontevedra Provincia “Somos Historias”.

 

 

 

 

O prazo permanecerá aberto ata o día 16. O ano pasado as prazas esgotáronse ás 24 horas

 

 

 

 

Esta primeira ruta das “Depo Andainas” comeza na praza da Cristiandade (diante da Casa do Concello das Neves) cara aos montes da Paradanta en continuo ascenso. Estes montes, cuxa parte alta está devastada polos lumes, contan con vistas panorámicas da Paradanta e o Val Miñor e desde eles nalgúns momentos pode chegarse a ver o mar. Tras catro quilómetros comezará o descenso cara aos muíños, a capela de San Bartolomeu, a lenda do castro aos seus pés, e continuará ata os achados de arte rupestre de Taboexa e A Coutada. Alí farase un pequeno avituallamento e volverase ata o centro da vila por un camiño distinto ao da ida.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados