Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 7 de mayo de 2018
PONTEAREAS

ACiP esixe ao alcalde de Ponteareas o cesamento inmediato do concelleiro de facenda

Guardar en Mis Noticias.

[Img #40942]

 

"Seis meses despois de aprobar en pleno a modificación da ordenanza municipal que afecta o imposto de plusvalías, esta aínda non se publicou no Diario Oficial da Provincia salvo nun dos puntos que afecta ao IBI. Houbo tempo suficiente para facelo e pola contra o actual goberno municipal non fixo nada, paralizando algunhas transmisións de propiedades e obrigando a pagar á cidadanía unha taxa que ACiP considera totalmente inxusta" explican dende este grupo da oposición.

 

“Unha vez máis o actual goberno demostra a súa total incompetencia”, insiste o portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González. “Por este motivo esiximos que o alcalde cese inmediatamente das súas funcións a Francisco Floreal e o recoloque noutro departamento. Un concelleiro de facenda que xa ten minguadas as súas competencias desde que o rexedor o deixara só á fronte de de Intervención e non de Tesourería, que é a que habitualmente levan estes edís; un concelleiro que non é capaz de entenderse cos profesionais do seu departamento e que desde o pleno do pasado 17 de novembro e ata agora, mes de maio, non foi capaz ou non quixo publicar no Diario Oficial as modificacións da ordenanza aprobadas en pleno”.

 

ACiP xa solicitou noutras ocasións a dimisión do concelleiro de Facenda por outras cuestións, e esta vén sumarse a esa lista.

 

O imposto de plusvalía municipal é a taxa que teñen que pagar cidadáns e persoas xurídicas por calquera tipo de transmisión de propiedades e que leva a situacións "inxustas e de abuso", por exemplo, no caso de herdanzas de pais a fillos. “Non é de recibo”, engade o portavoz municipal de ACiP, “que uns pais que conseguiron propiedades con todo o seu esforzo, e que pagan outros moitos impostos municipais, tamén teñan que afrontar outro máis por cedelas aos seus fillos. É un imposto irreal para os tempos nos que estamos e no que Ponteareas é un exemplo de abuso. Un imposto que xera un prexuízo económico e que fai que nalgunha ocasión os fillos téñano que pensar ou non poidan recoller esas herdanzas ao non poder afrontar os custos económicos que implican. Tampouco é de recibo que se unha persoa non pode afrontar a súa hipoteca e recorre á dación en pago co banco, igualmente estea obrigada a asumir ese imposto. Se non pode pagar unha cousa, como vai pagar a outra? Porque falamos de taxas que poden chegar, segundo os casos, aos 800 ou mesmo 1.000 euros. Entendemos que isto non é política dun goberno de esquerdas que di traballar para o pobo.”.

 

Nos próximos días ACiP acudirá ao secretario Municipal para que informe das medidas que se poden tomar respecto diso, porque este grupo entende que por un abandono de funcións dun político os veciños non poden seguir pagando coas seus impostos cuestións que non corresponden.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados