Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 8 de mayo de 2018
NIGRÁN

O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición no seu Campamento de Verán

Guardar en Mis Noticias.

Está dirixido a nenos nados entre os anos 2006 e 2015 e desenvolverase do 25 de xuño ao 31 de xullo de luns a venres no CPI de Panxón.

O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición ata o día 25 de maio no “Campamento de Verán 2018”, organizado a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM)  co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar ao tempo que se ofrecen actividades de tipo educativo e lúdico á rapazada. Os formularios de inscrición e as bases poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, e na Oficina de Información Cidadá do Concello ou descargarse da páxina Web www.nigran.org.

 

O campamento, que conta con 120 prazas, está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2006 e 2015 e desenvolverase dende o día 25 de xuño ata o día 31 de xullo de luns a venres no CIP de Panxón en horario de 9.00 a 14.00 horas (existe a posibilidade de ampliar o horario se hai un mínimo de 30 interesados). Os prezos públicos son de 85 euros no horario ampliado e 75 no reducido, quedando en  caso de bonificación en 21,25 e 18,75 euros respectivamente. Deste xeito, poderanse acoller a bonificación as familias en situación de dificultade económica-financieira, entendendose así cando os ingresos mensuais (14 pagas anuais) da unidade familiar non superen os 735,90 € se son dous membros e ata chegar aos 1.471,90 se son 7, para o cómputo destes ingresos restarase o aluguer ou hipoteca ata un máximo de 300 euros.

 

Para a selección de participantes valorarase coa maior puntuación aos menores empadronados en Nigrán ou con pais traballadores en Nigrán e os casos de especial vulnerabilidade.

 

Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres  na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola Vía, nº65, Panxón Nigrán. Tlf: 986 383081 , correo electrónico: cim@nigran.org.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados