Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 8 de mayo de 2018
NIGRÁN

A Xunta lamenta que a ausencia reiterada do Concello de Nigrán á comisión do transporte impida melloras

Guardar en Mis Noticias.

Recorda ao alcalde nigranés que "na reunión do pasado mércores perdeu unha oportunidade de ouro para expor e defender as necesidades dos seus veciños".

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lamenta nun comunicado que "a ausencia reiterada do Concello de Nigrán nas comisións de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano impidan avances e melloras neste eido no municipio pontevedrés".

 

Neste senso, recorda ao alcalde nigranés que o foro adecuado para expor, debater e defender as necesidades dos seus veciños está ben definido e que coa súa ausencia na reunión do pasado mércores perdeu unha oportunidade de ouro para reclamar posibles melloras neste servizo para o municipio.

 

Tras as declaracións do rexedor á prensa reclamando a autorización á empresa Atsa dunha nova parada do autobús interurbano en Vigo, a Xunta empraza ao rexedor a utilizar as vías oficiais e dirixirse aos técnicos da Dirección Xeral de Mobilidade para tratar este asunto. Asemade, ínstalle a acudir á próxima reunión da comisión de seguimento que é onde se abordan estes temas.

 

Integración de Gondomar
En canto a integración de Gondomar no Plan de Transporte Metropolitano, a Administración autonómica mantén a súa vontade de que o municipio pontevedrés se incorpore o antes posible, aínda que o terá que facer en igualdade de condicións co resto de concellos interesados.

 

Cómpre lembrar que o pleno municipal votou ata en dúas ocasións en contra da súa adhesión, e que desde a posta en marcha do plan en 2015, con resultados moi positivos, varios concellos tramitaron a solicitude para a súa incorporación.

 

Actualmente 25 concellos de toda Galicia están interesados na integración, o que obriga a Administración galega a realizar unha análise global das necesidades técnicas e económicas co obxectivo de atender a demanda, en todo caso garantindo a igualdade de trato para todos os concellos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados