Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 9 de mayo de 2018
PONTEAREAS

O goberno prepara a mellora a entrada ao centro urbano no cruce da N-120 sobre o Tea con Mondariz

Guardar en Mis Noticias.

O Alcalde e a Tenente de Alcalde adiantan que están rematando o proxecto de mellora da contorna da rotonda de Mondariz ata o centro urbano e centros deportivos.

[Img #40978]

 

O goberno de Ponteareas prepara o proxecto para a mellora da entrada ao centro urbano de Ponteareas pola N-120.


A contorna da rotonda de Mondariz será obxecto de distintas actuacións que pretenden mellorar a accesibilidade ao centro de saúde e ao complexo deportivo, ademais de ofrecer aos peóns vias de acceso máis seguras e amables así como a conexión sobre a senda do Tea ampliando a plataforma peoníl sobre a N-120.


Obras nas beirarrúas, axardinamento, mellora da seguridade viaria e renovación dos accesos ao centro de saúde e á zona deportiva da piscina e pavillóns son algunhas das ideas que recolle o proxecto que acadará un orzamento aproximado de 600.000€. O goberno pretende que o proxecto sexa aprobado dentro da convocatoria de obras singulares coa subvención máxima de 400.000€ e o resto sería financiable cos fondos da Unión Europea dentro da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable”.


A Tenente de Alcalde e concelleira de Vías e Obras, a socialista Chus Garrote, indica que a partir do estudo técnico previo do que se acompaña un plano, o goberno encargará o proxecto definitivo para a súa presentación na convocatoria da Deputación. O proxecto incluirá tamén o derribo dun equipamento con ameaza de ruina técnica que en anteriores gobernos do PP acollía unha oficina de turismo.

 

 

 

 

Mellora da seguridade e axardinamento entre as principais actuacións

 

 

 


Mellorar a tarxeta de presentación da entrada ao centro urbano dende a nacional e facer dese espazo unha área máis afable son algúns dos obxectivos deste goberno que aposta por unha cidade na que os peóns poidan transitar por espazos seguros e que conviden ao paseo.


Nesta zona de servizos tan básicos como o sanitario e o deportivo tamén conflúen algúns dos sendeiros de lecer dos que dispón a veciñanza como o regato da Venda, praia de A Freixa e zona deportiva de Pardellas. Tentar atenuar o impacto da N-120 que divide a cidade é outro dos obxectivos deste goberno que con este novo proxecto minorizará a complexidade deste espazo no que se atopa unha rotonda, unha estrada nacional e unha comarcal e edificios de servizos con alta afluencia de persoas.


O Alcalde de Pontearea, o nacionalista Xosé Represas, explica que é imprescindible incremetar a seguridade dos peóns nesta zona de alto tránsito tanto humano como de vehículos ofrecéndolle ademais sendeiros, camiños e beirarrúas máis atractivas que permita unha senda peoníl segura e segregada do tráfico de vehículos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados