Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 9 de mayo de 2018
NIGRÁN

Nigrán convoca o 16 de maio un pleno coa proposta de cesión do contrato do PXOM e outros asuntos

Guardar en Mis Noticias.

Tal e como se acordara no pleno anterior, o goberno convoca o seu primeiro pleno extraordinario do mandato ante a urxencia da cuestión da cesión e ao ter xa reunida toda a documentación precisa.

O Goberno de Nigrán ven de convocar  para o 16 de maio ás 12:00 horas o seu primeiro pleno extraordinario do mandato co fin de levar novamente a proposta de cesión do contrato do PXOM e outras cuestións de urxencia. O goberno comprometerase no derradeiro pleno ordinario a convocar un extraordinario de ter reunida a documentación coa proposta de cesión do contrato antes de fin de mes. Ademais, o goberno levará as bases específicas para a concesión de subvencións a entidades deportivas, culturais e festeiras e a modificación das bases do III Plan de Becas Municipais de Nigrán.

 

"A cuestión da cesión do contrato do PXOM é urxente e dunha importancia radical, non podemos agardar máis tempo se queremos seguir adiante coa súa tramitación e mantendo os prazos previstos. Agardamos que a oposición actúe con responsabilidade e que se aprobe porque do contrario significaría que o documento caería no abismo", sinala o alcalde, Juan González, quen engade que o pleno ordinario do 26 de abril (no que se abordou a cuestión) "foi moi positivo porque serviu para achegar posturas e acadar un maior consenso".  "Fixemos unha nova proposta coa maior xustificación e tódolos informes preceptivos, tal e como nos solicitaran no anterior pleno, non hai xa escusa para non apoiar unha cesión vital para ao municipio", engade Diego García, edil de Urbanismo.

 

 

 

 

No pleno abordarase tamén a modificación das bases do III Plan de Becas Municipais e as subvencións a entidades culturais, deportivas e festeiras

 

 

 

 

O goberno considera que a cesión é a única vía posible para garantir a aprobación do documento despois de que Eptisa renunciase a favor da empresa formada polo seu director Alfonso Botana e o equipo técnico tras prescindir da sección de planeamento (a nova orientación empresarial de Eptisa afectou á tramitación do PXOM en 17 concellos de Galicia). De aprobarse a cesión, o goberno considera que o PXOM pode estar aprobado nun ano, xa que actualmente se atopa nunha fase moi avanzada, con 1.397 alegacións xa resoltas provisionalmente e que poden ser consultadas polos veciños en Urbanismo.


    
Outras mocións
Paralelamente o goberno levará a este pleno as bases específicas para a concesión de subvencións a entidades deportivas, culturais e festeiras, (cuestión á que o goberno destina 72.000 €), e tamén a modificación das bases do III Plan de Becas Municipais de Nigrán para abrir o abano a posibles persoas interesadas que actualmente non cumpren os requisitos (tan só se presentaron 3 candidatos á oferta de 7 prazas).

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados