Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 11 de mayo de 2018
NIGRÁN

O Concello de Nigrán mantén as tres 'Bandeira Azul' en Panxón, Patos e Praia América, as praias que solicitara

Guardar en Mis Noticias.

"O distintivo ven a corroborar unha vez máis a calidade excelente das augas e os servizos nas principais praias do municipio”, sinala o alcalde de Nigrán, Juan González.

O Concello de Nigrán ven de acadar 'Bandeira Azul' para os areais de Praia América, Patos e Panxón, ademais do sendeiro litoral de Panxón-Praia América. O Concello mantén así as tres enseñas do ano anterior, as mesmas que solicitara a ADEAC para este ano 2018 tras comprobar que gozaban dunha calificación anual ‘Excelente’ das súas augas, requisito indispensable para optar a ela. "O distintivo ven a corroborar unha vez máis a calidade  excelente das  augas e os servizos nas principais praias do municipio”, sinala o alcalde de Nigrán, Juan González, quen recorda que Panxón a recuperou xa no 2017 tras non ondear nela dende 2010.

 

Ademáis das bandeiras azuis, o municipio goza de catro bandeiras Ecoplayas, sendo Praia América a primeira en obter este certificado en 2010 (o mesmo ano en que naceu ATEGRUS “Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente, quen as outorga) no 2011 sumouse Panxón, no 2012 Patos e no 2013 Area Fofa. Dende entón as catro manteñen este distintivo grazas a política de conservación dunar, ás actividades medioambientais e deportivas que nelas teñen lugar ou a conservación do entorno natural.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados