Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 9 de mayo de 2018
NIGRÁN

O alumnado do CEE Panxón organiza este sábado co apoio do concello de nigrán o 'I Toleamos Rock Festival'

Guardar en Mis Noticias.

Aberto ao público e con entrada de balde, terá lugar no recinto do centro educativo coa presenza de Javi Maneiro de Heredeiros da Crus, Mushu, Rockestra do IES Proval e The Alta Nota do propio CEE de Panxón.

[Img #41018]

 

O alumnado do CEE de Panxón ofrece este sábado co apoio do Concello de Nigrán o 'I Toleamos Rock Festival', un evento musical aberto ao público polo que desfilarán dende as 19:30 horas o 'Heredeiros da Crus' Javi Maneiro, Mushu, Rockestra (do IES Proval) e The Alta Nota (do propio colexio). O festival, organizado íntegramente polos alumnos dentro do seu proxecto educativo, terá lugar no exterior do centro (Camiño dos Lagos, ao carón do Templo Votivo de Panxón) e dará comezo ás 19:00 horas coa apertura de portas (a hora de remate estimada será ás 22:00 horas). A entrada é de balde, pero os alumnos porán a venda merchandising e comida, todo elaborado por eles,  cuxo beneficio irá destinado á asociación de axuda a nenos oncolóxicos 'Bicos de papel'. Os rapaces, coa presencia do alcalde de Nigrán, o director do centro, e unha representante de Bicos de Papel, presentaron esta mañá aos medios o festival.

 

"Ten un fin solidario pero o a propia organización do festival é un proxecto educativo que se enmarca no noso xeito de traballar. A través destas iniciativas aprendemos a vivir, a superar erros, a traballar en equipo e a sensibilizarnos co resto da sociedade", sinalou Rafael Lores, director do CEE Panxón, colexio  fundado no 2008  e un dos dous únicos de Galicia adicado a alumnado con trastornos graves de conducta e que actualmente ten as súas  20 prazas cubertas en réxime de internado de luns a venres con nenos de toda Galicia (10 de Educación Primaria e 10 de Educación Secundaria Obrigatoria). De feito, dende hai un cinco anos traballan exclusivamente por proxectos, sen libros de texto, con metodoloxías activas e participativas que fomentan o pensamento crítico, a creatividade, as habilidades sociais, as capacidades lingüísticas, o razoamento matemático e o método científico. Así, este ano repiten o seu proxecto de restaurante aberto ao público  (elaboran e sirven as comidas eles mesmos) e engaden a completa organización do festival Toleamos (dende o deseño da cartelería ata a elaboración e venda do merchandising, comida que se porá á venda, búsqueda de patrocinios, distribución dos espazos, concerto de The Alta Nota formado por alumnos...).

 

"Para o Concello de Nigrán é un orgullo participar no festival e estamos moi agradecidos de que todos os alumnos se involucrasen neste proxecto curricular solidario e educativo aberto á participación de toda a veciñanza", engadiu Juan González, alcalde de Nigrán e quen recentemente entregou ao CEE Panxón o 'Premio Nigrán 2018 ao Mérito Educativo'.

 

GRUPOS PARTICIPANTES NO 'I TOLEAMOS ROCK FESTIVAL'

Maneiro leva máis de 25 anos compoñendo e cantando. El mesmo defínese como pai de familia numerosa pola súa participación en  Heredeiros da Crus, con quen actualmente segue en activo, e en Xabón  Blue, un proxecto no que xa se puido  atisbar a personalidade musical irresistible de  Javi. En total 12 discos de estudo ás súas costas, que lle conferiron a seguridade para enfrontarse a súa primeira aventura en solitario. O seu último traballo, Furtivos, responde á actitude vital coa que Maneiro confrontou as súas composicións.


A  ROCKestra  Proval nace en  outubro de 2017. Está formada por 36 alumnas/vos  do IES Proval dos dous  niveis educativos da ESO,  bacharelato, ciclos formativos e ESA. Este  proxecto contempla fomentar a expresión artística e cultural a través da música de  maneira que os  estudantes  poidan sentir a experiencia de  seren músicos. O repertorio  abrangue  cancións  actuais e míticas da historia dá música pop e rock e  pezas  orixinais de percusión con material reciclado.

 

The Alta Nota empezou no ano 2014 da man do profesor do CEE de Panxón Chema  Castelló, quen ante o progreso e implicación dun grupo de alumnos de diferentes idades nas clases de música ofrécelles a posibilidade de xuntarse como banda. Nos últimos anos participou en diferentes eventos como Talento 3.0 en 2015 ou a Feira de Proxectos  Piteas do 2017, ademais de celebracións sinaladas dentro do centro. Cada ano incorpóranse novos alumnos e outros se van tras finalizar os seus estudos. Na actualidade a banda ten un carácter instrumental.
 

Mushu é a primeira banda adolescente de formación íntegramente feminina, creada a partir da proposta do Concello de Pontevedra a través do programa de cultura  Minipazo Club, coa súa proposta de  ROCKLAB. Despois de gravar a súa primeira demo en estudo  autoproducida nos estudos  Litium  Records e  Estudo  Bonobo, comezan a dar os seus primeiros concertos en diferentes eventos da cidade de Pontevedra e prepáranse para realizar o seu seguinte traballo de estudo.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados