Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 8 de mayo de 2018
VIGO

Carmela Silva reivindica a necesidade dunha europa máis humana e con máis dereitos

Guardar en Mis Noticias.

O mercado do Progreso acolleu a terceira parada do programa da Deputación na que o alumnado do CIFP Manuel Antonio de Vigo preparou pratos franceses, británicos, holandeses, daneses e noruegueses.

[Img #41022]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do deputado de Cooperación, David Regades, e xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiron onte ao mercado do Progreso de Vigo onde tivo lugar a xornada “Degusta Europa”. Esta iniciativa, impulsada pola institución provincial en mercados da provincia de Pontevedra con motivo do Día de Europa, que se celebra mañá, ten por obxectivos trasladar “a innovación e vangarda gastronómica, da man do alumnado dos centros Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra, e poñer en valor os nosos mercados elaborando tapas con produtos das nosas rías e da nosa terra inspirados en Europa”, asegurou a presidenta provincial Carmela Silva.


Máis polo miúdo, a través de “Degusta Europa”, “queremos trasladar á cidadanía con motivo do Día de Europa que formamos parte dun grande entorno económico e político que é Europa, reivindicando a necesidade de que este entorno sexa máis humano, garanta máis dereitos e se converta así, nun espazo común para todas e para todos”, indicou a presidenta. Carmela Silva mostrouse feliz pola liberación en Grecia dos tres bombeiros “que non irán ao cárcere por defender os dereitos dos refuxiados. Esa é a Europa que queremos”, subliñou.

 

Tamén informou Silva que os pratos elaborados polas alumnas e alumnos do CIFP Manuel Antonio de Vigo están relacionados coa campaña “Somos Historias”, fío central da promoción deste ano da Deputación de Pontevedra, e con países cos que a institución provincial está a colaborar a través dos proxectos europeos. Deste xeito, hoxe servíronse en Vigo pratos como o francés “ratatouille” (guiso de hortalizas); o británico  “steak and kidney pie” (pastel de vacún e riles); o holandés “ewertonsoep” (guiso de chícharos e cárnicos sobre vaso de chopo e espetada); o danés “fiskefrikadeller” (albóndegas de bacallau); o noruegués “tosta de salmón”; o inglés “biscoito borracho con crema”; e o francés “enreixados de manzá e cabelo de anxo”.

 

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, amosou a súa satisfacción pola parada do programa “Degusta Europa” no mercado do Progreso de Vigo. Ao respecto, Caballero enxalzou que “os mercados de Vigo teñen un produto extraordinario, en espazos modernos e servidos por profesionais, que os converten nos mellores mercados do mundo”.

 

“Degusta Europa”, que amais de poñer en valor os produtos locais e recuperar a imaxe dos mercados tradicionais da provincia, está tamén a divulgar a importante labor que realizando os centros formativos Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra. Ata o momento, na Guarda, Cangas e Vigo serviron as tapas e petiscos alumnas e alumnos do CIFP Manuel Antonio e a partir do xoves, coa chegada de “Degusta Europa” a Lalín, será o alumnado do CIFP Carlos Oroza o encargado das preparacións que servirá tamén en Marín, o día 11, e en Vilagarcía de Arousa o 15 de maio.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados