Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 9 de mayo de 2018
Galicia

A Xunta destinará máis de 18 millóns á segunda edición do programa Fábrica Intelixente

Guardar en Mis Noticias.

Esta nova convocatoria mobilizará preto duns 70 millóns de euros e apoiará entre 8 e 10 proxectos empresariais

[Img #41032]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, na rolda de prensa posterior ao Consello, a convocatoria da segunda edición do programa Fábrica Intelixente, que contará cun orzamento de 18,2 millóns de euros para seguir avanzando no duplo obxectivo desta iniciativa: consolidar unha industria galega moderna e crear postos de traballo cualificados.

 

En concreto, esta segunda convocatoria ábrese despois dunha fase de consulta ao mercado pola que se interesaron 12 empresas de sectores estratéxicos da economía galega, como a pesca, o forestal, a automoción, a pedra, a agroalimentación e as telecomunicacións.

 

A axuda pública cubrirá entre o 15 e o 80% do orzamento do proxecto, segundo o tipo de iniciativa e de empresa

 

Segundo explicou o titular da Xunta, esta segunda edición mobilizará preto duns 70 millóns de euros e apoiará entre 8 e 10 proxectos empresariais. Como principal novidade, esta nova convocatoria diríxese ás pequenas e medianas empresas, polo que o importe mínimo dos proxectos baixa dos 20 millóns de euros da primeira convocatoria aos catro desta segunda, cun máximo de 10 millóns de euros por proxecto.

 

Deste xeito, poderán acollerse a este programa empresas de menor tamaño que PSA e Televés. E é que na primeira convocatoria, que contou cun orzamento de máis de 55 millóns de euros, beneficiáronse dous proxectos industriais innovadores: un no eido da automoción, liderado por PSA Peugeot Citroën coa colaboración do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG); e outro no sector TIC, a través do grupo tecnolóxico Televés.

 

Co obxectivo de que ningún proxecto con potencial quede sen apoio, Feijóo sinalou que esta nova convocatoria manterase aberta todo o ano. A ela, poderán acceder tanto proxectos individuais como outros feitos en colaboración entre empresas e organismos de investigación.

 

A axuda pública cubrirá entre o 15 e o 80% do orzamento do proxecto, segundo o tipo de iniciativa e de empresa.

 

En total, entre as dúas convocatorias, o programa Fábrica Intelixente 4.0 mobilizará un investimento público-privado de preto de 240 millóns de euros.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados