Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 9 de mayo de 2018
GALICIA

Gala dos V PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA

Guardar en Mis Noticias.

A gran festa reivindicativa do sector musical.

[Img #41060]

 

Un ano máis completouse o aforo do Pazo da Cultura de Pontevedra para celebrar a quinta cerimonia de entrega dos Premios Martín Códax da Música demostrou con máis forza ca nunca que é a gran cita anual da música galega; o momento agardado para celebrar a cantidade, calidade e diversidade da nosa producción musical, pero tamén para lembrar as reivindicacións do sector.

 

Foi unha gala conducida polo humor do monologuista Carlos Blanco e o debuxante Luis Davila, puidemos ver ao personaxe de Dora en animación recibindo aos asistentes da gala coa dobraxe en directo de Carlos Blanco quen estivo espléndido nas súas intervencións cheas de irónico humor e reivindicacións para aos que traballan ao vivo.

 

[Img #41094] Cara ao final da gala foi o momento reservado para o discurso de Músicos Ao Vivo, organizadores e promotores destes Premios. Ramón Bermejo, voceiro da asociación, recorda que MAV cumpre 10 anos de existencia e que este ano despidese a antiga Xunta Directiva e da paso á nova, composta por 9 músic@s.

 

Recordou que desde o 1 de Febreiro deste ano MAV existe como cooperativa galega e deuse por concluido o convenio con Musicat. Ramón agradece a Musicat o seu apoio e o seu impecable traballo de tantos anos en prol da dignificación dos músicos.

 

Seguiu a falar da nova Lei de Espectáculos “Non se pode vivir permanentemente ao pairo dunha lei redactada de forma ambigüa, e que deixa a música ao vivo, unha vez máis, nun terreo esvaradizo e inseguro” afirmou. 

 

Ramón Bermejo incidiu en que é fundamental que nesta batalla estemos xuntos, non para facer ruido, se non para poder facer música con garantías.

 

Tamén amosou o seu rexeitamento á condea de compañeiros da música e as artes, por expresar mediante a arte o que pensan, e envía todo o apoio de MAV a todas as persoas que sofren cadea por ter exercido un dereito tan fundamental e irrenunciable como é a liberdade de expresión.

 

[Img #41082]

 

Sonia Lebedinsky tomou o relevo como voceira da nova directiva cun brillante discurso: “son moitas as razóns que nos traen hoxe ata este punto de encontro, razóns que alimentan a ilusión, as ganas de traballar, o compromiso e militancia coa música que se fai neste país. Temos a teima e a necesidade de seguir apostando por mudar as cousas por sentirnos libres para crear e falarlle ao mundo. A propia música é a que nos dá os porqués para continuar , por que hai silencios que nos berran, por que a música e as palabras contrúen o relato colectivo, por que a música ten o poder de axitar conciencias, por que o futuro estivo smepre cheo de utopías que hoxe son realidades, por que a dignidade pouco ten que ver coa falta de seriedade, profesionalidade, responsabilidade e respeto. Por que non se coñece o que non se ve nin se escoita, por que non estamos todas as que somos, por que a música é un lugar onde nos atopamos todas, por que outro mundo é posiblese creamos novos mundos arredor de nós, por que somos as unhas das outras e precisámonos... e este balance feminino é porque vai referido a persoas, dígoo por se alguén se sinte ofendido por que non estou masculinizando...”

 

O remate da gala foi moi emotivo cando apareceu Tatán no escenario, músico e actor querido e respetado, cantando a dúo con Carlos Blanco, mentres se prechaba o telón.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados