Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 11 de mayo de 2018
PROVINCIA

Ethel Vázquez destaca que a autovía de novo trazado entre Vigo e O Porriño suporá a alternativa para mellorar a seguridade na A-55

Guardar en Mis Noticias.

Vázquez Mourelle explica que se trata dunha autovía duns 10 km lonxitude cuxo trazado discorre na súa meirande parte en túnel, o que require dun alto investimento que se achegará aos 337 millóns de euros.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, destacaba onte que a autovia de novo trazado entre Vigo e O Porriño que impulsa o Goberno de España suporá a alternativa real para mellorar a seguridade viaria na A-55.

 

Ethel Vázquez interveu onte no Parlamento de Galicia, onde destacou o compromiso do Goberno central de incluir a construción dunha autovía de novo trazado entre Vigo e O Porriño no Plan extraordinario de investimentos en estradas, tal como lle viña solicitando a Xunta co fin de proporcionar unha alternativa real e funcional para o reforzo da seguridade viaria e o elevado tráfico que soporta actualmente a A-55.

 

Trátase dunha nova autovía duns 10 km lonxitude cuxo trazado discorre na súa meirande parte en túnel, o que require dun alto investimento que se achegará aos 337 millóns de euros. Neste sentido, a conselleira explicou que polo elevado custo e pola magnitude da actuación, o Goberno galego aproveitou a oportunidade e pediu a inclusión da mesma no PIC, que está a impulsar Fomento.

 

Vázquez Mourelle subliñou que a nova estrada tamén mellorará as comunicacións dun gran polo industrial de Galicia que conforman Vigo e a súa área, contribuíndo ao incremento da súa competitividade.

 

 

 

 

Salienta que o Ministerio de Fomento retomou o luns as obras de mellora na actual A-55, cun investimento de case 6 millóns de euros, cumprindo así o compromiso adquirido co Goberno galego

 

 

 

 

Lembrou que a Xunta, ademais de na construción desa nova autovía, tamén vén insistindo na necesidade de completar as obras de adecuación e mellora previstas na actual A-55, ao que o Ministerio de Fomento deu cumprimento o luns ao retomar os traballos, que suporán un investimento de case 6 millóns de euros.

 

Recordou que foi un goberno estatal socialista o responsable do deseño e execución da actual autovía A-55, cun trazado difícil, decidindo aproveitar a antiga estrada existente e desdobrala, é dicir, a N-120 que saía de Vigo, pasando por Mos cara ao Porriño.

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda manifestou que a Xunta xa lle ten trasladado ao  Ministerio de Fomento o seu interese polos descontos e as bonificacións para vehículos pesados nas vías de peaxe, do mesmo xeito que se ten priorizado a liberalización da taxa entre Vigo e Redondela, unha reivindicación empresarial e social, dos veciños da zona.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados