Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 13 de mayo de 2018
AS NEVES

Segunda fase de obras na Escola de Cerdeira

Guardar en Mis Noticias.

[Img #41052]

 

Nos últimos días o Concello das Neves está levando a cabo obras na Escola de Cerdeira, un dos edificios municipais das parroquias que levaba no esquecemento 20 anos ata a chegada do  actual goberno.

 

Nunha primeira fase de hai xa uns meses actuouse no tellado para evitar filtracións e o posible derrube nalgúnhas partes. Agora estase a traballar no interior recuperando os baños e a sala principal para que a veciñanza da parroquia teña un lugar digno no que reunirse.

 

O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, amáis de recoñecer o abandono ao que estivo sometida Cerdeira por gobernos anteriores, expresa que “estas son obras afectan a unha comunidade de persoas que viven en lugares que queremos preservar. Hai políticas doutros encamiñadas a despoboar o rural, pero nos, na medida do posible loitamos polo contrario, o mantemento e o asentamento no rural. Isto, o pulo polo rural, vai necesariamente da man de melloras en infraestruturas e mobilidade pero tamén en políticas sociais como é ofrecer a veciñanza de Cerdeira un lugar no que poder xuntarse para falar, tomar decisións comúns e incluso festexar.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados