Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 16 de mayo de 2018
SALVATERRA DE MIÑO

Decimoterceira convocatoria dos Premios de educación en Salvaterra

Guardar en Mis Noticias.

Este Concello foi pioneiro en valorar a excelencia académica.

[Img #41148]

 

Segundo a 1ª Tte de Alcalde e Concelleira de Educación, Marta Valcárcel Gómez, os ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’  naceron "co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes.  Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na busca de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábitos que marcarán o seu futuro e que os poñerán en valor como persoas e profesionais".

 

Tomarán parte nesta convocatoria que ven de aprobar a Xunta de Goberno Local  o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e máis dos tres centros de educación primaria de Salvaterra de Miño, CEIP Infante Felipe,  CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares, que cumpran os requisitos imprescindibles que sinalan para cada unha das distintas etapas educativas que se establecen nas bases.

 

Os premios serán entregados a principio do mes de xullo, e, tal e como establece as bases, repartiron 14 lotes informáticos compostos por unha ‘Tablet Samsung Galaxy’, funda,  Powebank e tarxeta de memoria de 32 GB, para os nenos e nenas de primaria, ESO e Ciclo de Caldeirería e Soldadura.          

 

Ademais os tres mellores expedientes  de 2º de Bacharelato, acadarán as bolsas de estudo que consistirán nunha viaxe a Reino Unido – Worthing (costa sur de Inglaterra) co obxecto de perfeccionar a lingua inglesa. A bolsa inclúe os seguintes servizos:  viaxe de ida e volta, aloxamento en familia en pensión completa, curso de inglés xeral de 3 semanas con profesorado nativo, material escolar, certificados, actividades, programa social, excursións, tarxeta de transporte e seguros.

 

Temos que recordar que o noso Concello foi un dos primeiros e dos poucos que a día de hoxe premian a excelencia académica pondo en valor o esforzo escolar. A posta en marcha desta iniciativa é “premiar” os mellores estudantes foi froito da colaboración e traballo conxunto entre a administración local e os centros educativos do municipio para fomentar o traballo nas aulas e de paso, evitar o fracaso escolar incentivando o esforzo e premiando o traballo e a constancia, ademais da propia actitude do alumnado.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados