Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Sábado, 12 de mayo de 2018
Vigo

O Concello, titular da nova depuradora de Vigo

Guardar en Mis Noticias.

O alcalde informaba este venres da recepción da nova infraestrutura de saneamento, xa propiedade do Concello. Abel Caballero puxo en valor que a depuradora foi pagada por Vigo e Europa, pois a cidade abonou o solo e a parte da Xunta a través do canon da saneamento e os fondos do Goberno de España proceden da Unión.

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Lagares xa está en mans do Concello. O alcalde, Abel Caballero, informou este venres da recepción desta infraestrutura de saneamento, que pasa a ser de titularidade municipal. Amosou o seu "agrado e entusiasmo" e asegurou que "a depuradora é municipal porque quen a pagou foi Europa e Vigo".



O custo da EDAR viguesa ascendeu a 154 millóns, fondos que, explicou Caballero, proceden de Vigo e de Europa, "a Xunta de Galicia e o Goberno de España pagaron cero euros". Así, os 84,7 millóns postos polo Goberno de España proceden da Unión Europea, mentres que os 69,4 millóns da Xunta de Galicia son financiados a través do canon da saneamento que recada dos cidadáns de Vigo. Por último, o Concello de Vigo puxo ademais directamente 12,8 millóns de euros en concepto de solo e expropiacións.



O alcalde detallou a forma de pago da Xunta de Galicia durante os anos nos que que pagar pola depuradora, expoñendo que recadará en Vigo 95 millóns de euros polo canon de saneamento, mentres que a súa achega pola infraestrutura ascende a 69,4 millóns. "A Xunta de Galicia obtén un superávit na depuradora de Vigo de 25,6 millóns", concluíu Caballero.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados