Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Lunes, 14 de mayo de 2018
Vigo

Un total de 28 operarios xa limpan os montes de Vigo

Guardar en Mis Noticias.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves o parque forestal de Beade, onde xa traballan operarios contratados a través do Plan de Emprego do Concello para levar a cabo labores de limpeza dos montes e reforestación das zonas queimadas durante os incendios do pasado mes de outubro.

[Img #41242]

 

Un total de 28 persoas xa traballan nos montes de Vigo grazas ao Plan de Emprego do Concello para recuperar os montes queimados o pasado outono e protexelos de cara a vindeira temporada estival.



O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitaba fai uns días o parque forestal de Beade, onde unha decena de operarios contratados a través do Plan de Emprego estaban levando a cabo nese momento labores de retirada de maleza e madeira queimada. Esta novo iniciativa municipal está encamiñada ao plan de protección dos montes de Vigo.



"Levamos moitos anos facendo isto e afortunadamente estaban limpos cando rexistrouse o incendio pavoroso de outubro, se non sería moito peor, porque os montes privados non estaban en condicións", sinalou o alcalde.



Coa contratación de 28 persoas (un capataz, un auxiliar administrativa e 26 peóns) procederase a limpeza de 600 hectáreas de montes comunais. A actuación conta cunha partida de 140.000 euros e está encamiñada a retirar, en primeiro lugar, a madeira queimada, que non é de uso comercial e non pode aproveitarse.



O rexedor tamén avanzou que a partir do mes de novembro empezarán os traballos de reforestación. "Facemos o noso traballo, sempre o facemos, pero é unha pena que a Xunta non contrate outros 25 ou 30 traballadores, porque teríamos o dobre de capacidade de actuación", sinalou Caballero.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados