Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 16 de mayo de 2018
PONTEAREAS

A reforma da Praza de Bugallal terá un orzamento final de 604.750€

Guardar en Mis Noticias.

O goberno informa de que o estudio gañador Abalo Alonso Arquitectos procede á realización do proxecto de execución.

[Img #41281]

 

Tras manter diferentes reunións coa veciñanza da praza de Bugallal, comerciantes, alfombristas e grupos políticos donde se lles presentou a proposta gañadora do concurso de reforma da praza unha vez recollida todas as suxerencias dos técnicos do concello, o estudio gañador Abalo Alonso Arquitectos procede á realización do proxecto de execución que entregará nas vindeiras semanas e que acada un orzamento final de 604.750€ (ive incluído) delimitándose como zona de actuación a praza de Bugallal.


A praza de Bugallal será unha plataforma única con prioridade peonil e aberta ao tráfico rodado dispondo no entorno zonas reservadas para carga, descarga e servizos.


Abalo Alonso proxectará zonas de sombra na que a cidadanía poida interrelacionarse nun espazo cómodo e agradable rodeado de elementos naturais.


No proxecto tamén se contempla abuxardar a pedra do adro da igrexa para evitar que esvare. As áreas de estancias levaránse aos bordes da praza con bancos e grandes xardiñeiras con formas de pétalos que teñan sempre presente as alfombras florais deixando no centro un grande espazo libre no que se poida seguir desenvolvendo as actividades lúdico-culturais e comerciantes existentes.


O pavimento será de formigón lavado unificándose co pavimento de pedra existente e facilitando os encontros coas rúas adxacentes tras comprobar como noutros espazos como o casco histórico de Santiago que resulta unha unión . O deseño elexido facilita a resolución de accesibilidade en todo o ámbito xa que non depende de peldaños nin desniveis nas diferentes zonas.

 

Árbores e xardiñeiras nos laterais da praza e nas rúas do entorno configurarán un espazo verde e un roteiro polo que pasear baixo especies de folla caduca, reservando as árbores de folla perenne para as zonas de bancos.

 

Na vindeira semana o equipo redactor manterá un encontro con técnicos de Patrimonio para trasladarlle a proposta definitiva e asegurarse de que todos os elementos e actuacións se ciñen ao que Patrimonio poderá autorizar.


Unha vez sexa entregado o proxecto ao goberno convocarase unha reunión aberta donde se exporá para o coñecemento de toda a veciñanza garantindo unha vez máis a participación cidadá.


A mellora da Praza Bugallal realizarase con cargo aos Fondos FEDER da Unión Europea enmarcada na estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados