Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 16 de mayo de 2018
GALICIA

Facenda reforza con 50 funcionarios o servizo de atención ao contribuínte durante a campaña da renda 2017

Guardar en Mis Noticias.

A Atriga destina 246.000 euros para facilitar que os contribuíntes galegos reciban axuda e asesoramento para facer a declaración do IRPF.

A Consellería de Facenda, a través da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), está a reforzar con 50 funcionarios o servizo de atención aos contribuíntes galegos durante a campaña da renda 2017. A estes traballadores hai que sumarlles outros sete funcionarios da Xunta de Galicia que están a desempeñar labores de coordinación.

 

Sobre a base da experiencia adquirida en campañas anteriores, a Atriga está a colaborar coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) no desenvolvemento da campaña da renda 2017, e este ano destina un total de 246.000 euros ás plataformas mixtas de apoio ao contribuínte. A través destas plataformas, situadas en dependencias da AEAT nas sete grandes cidades galegas, os contribuíntes reciben axuda e asesoramento para facer a declaración do IRPF e a súa presentación.

 

Esta campaña de reforzo comezou o pasado xoves, 10 de maio, e estará operativa ata o vindeiro 2 de xullo. Todos aqueles contribuíntes que desexen acceder a este servizo teñen que solicitar a cita previa por teléfono ou por internet na web da AEAT. O prazo para pedila remata o vindeiro día 29 de xuño.

 

 

 

 

O prazo para solicitar a cita previa remata o 29 de xuño e a campaña de reforzo estará operativa ata o 2 de xullo

 

 

 

 

No último exercicio, durante a Campaña da Renda 2016, o persoal aportado pola Atriga ás plataformas mixtas de atención ao contribuínte permitiu atender 38.560 citas no proceso de elaboración e presentación da declaración do IRPF. Delas, o maior número  correspondeu á plataforma conxunta de Vigo, con 12.051; seguida de Pontevedra, con 6.400; Santiago, con 5.016; A Coruña, con 4.367; Lugo, con 4.283; Ourense, 3.859; e Ferrol, con 2.584 citas atendidas.

 

Deses 50 contratados para reforzar o servizo de atención aos contribuíntes na campaña da renda 2017 -que atenden outros tantos postos nas plataformas mixtas- 15 corresponden á cidade de Vigo; oito, á de Pontevedra; seis, á de Santiago; seis a da Coruña; outros seis, á de Ourense; cinco, á de Lugo; e  catro, á de Ferrol.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados