Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 15 de mayo de 2018
PROVINCIA

Comenzan en Vigo e Pontevedra os novos cursos de español para persoas inmigrantes

Guardar en Mis Noticias.

Nesta segunda edición, a Deputación organiza tres cursos gratuítos para preparar ás persoas inmigrantes para a obtención do Diploma de Español como Lingua Estranxeira.

A segunda edición dos cursos de español para persoas inmigrantes que organiza a Deputación de Pontevedra comezaba esta semana no edificio administrativo da Deputación e na sede da institución provincial en Vigo. Estes cursos, gratuítos, están destinados a persoas inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que precisen  preparar o exame do DELE A2 para a obtención da nacionalidade española.

 

En Pontevedra as clases comezaban este pasado luns ás 09.30h e alongaranse ata o 5 de xuño. Este curso, cuxo horario será de 09.30h a 12.30h, contará con dous días de repaso os días 10 e 11 de setembro. Pola súa banda, en Vigo, as clases serán de 16.00h a 19.00h e tamén contarán con dúas xornadas de repaso os mesmos días de setembro. O terceiro e último curso desta segunda edición terá lugar entre o 17 de setembro e o 2 de outubro na sede de Vigo da Deputación de Pontevedra.

 

Estes cursos están orientados á obtención do nivel A2 de español no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) expedido polo Instituto Cervantes, requisito necesario para a adquisición da nacionalidade española. Para obtelo é necesario superar unha proba que precisa dunha preparación previa, cun custo económico, que dificulta o acceso á nacionalidade española para un determinado sector da poboación, impedíndolle o seu proceso de integración na provincia e favorecendo procesos de exclusión social.

 

 

 

 

Recibíronse case un centenar de solicitudes de persoas de 15 nacionalidades. Os resultados do pasado ano foron moi positivos, o 80,64% do alumnado superou a proba DELE

 

 

 

 

Os cursos que promove a Deputación pretenden impedir esta situación e facilitar que todas as persoas inmigrantes teñan a posibilidade de acceder á preparación do DELE. Son integramente subvencionados pola Deputación, incluíndo o custe de matrícula, e serán impartidos por persoal docente do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo.

 

En xeral, mediante esta formación prepararase ás persoas inmigrante para poder realizar probas de compresión de lectura, de comprensión auditiva, de expresión e interacción escrita e oral. Os resultados dos exames realizados ata o momento foron moi positivos resultando que o 80,64% do alumnado superou a proba DELE (Diploma de Español como Lingua Estranxeira), do nivel A2, podendo deste modo solicitar a nacionalidade española.

 

Para os tres cursos desta segunda edición, que ofertaba 60 prazas, recibíronse case un centenar de solicitudes de 15 nacionalidades diferentes: Marrocos, Ghana, Nixeria, Senegal, Ucraína, Siria, Brasil, Paquistán, Rusia, Georgia, Hungría, Kenia, Mali, Angola e Costa de Marfil.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados