Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 15 de mayo de 2018
PROVINCIA

Arranca o programa da Deputación de Pontevedra “En Ruta coa Depo”

Guardar en Mis Noticias.

Este ano o goberno da Carmela Silva incrementou o orzamento do programa en 100.000 euros para as 32 rutas que se poñen a disposición de preto de 20.000 veciñas e veciños da provincia.

[Img #41284]

 

O programa “En Ruta coa Depo” comeza a andadura deste ano o vindeiro domingo 13 de maio. Esta iniciativa da Deputación de Pontevedra, na que participarán ao longo do 2018 preto de 20.000 veciñas e veciños da provincia, conta cun orzamento de 360.000 €, cen mil máis que o ano anterior, para que a cidadanía coñeza a través de 32 rutas diferentes lugares da provincia de Pontevedra.

 

A primeira xornada do programa “En Ruta coa Depo” arranca cun grupo de 110 persoas da Asociación de Amas de Casa e Consumo “Agarimo” de Vigo. Máis polo miúdo, as persoas integrantes desta asociación realizarán a ruta marítima pola ría de Arousa, percorrendo a Illa da Toxa, realizando un paseo en barco pola ría con degustación de produtos típicos, e descubrindo lugares do Grove como o Museo da Salga ou o xacemento da Lanzada en Sanxenxo.  O percorrido realizarase con acompañamento dun ou dunha guía coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia e inclúe xantar e transporte.

 

 

 

 

A primeira saída terá lugar o domingo e nela participa un grupo de 110 persoas da Asociación de Amas de Casa e Consumo “Agarimo” de Vigo que realizarán a ruta marítima pola ría de Arousa

 

 

 

 

“En Ruta coa Depo” ten por obxectivo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia , promovendo a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, que antes non podían participar, así como ofrecer alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación xuvenil da nosa provincia e promocionar rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente os nenos e nenas. O contido do programa consiste en pasar un día de convivencia pola provincia, mediante acompañamento dun guía que conte coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia  e inclúe xantar e trasporte.

 

No 2017 participaron na iniciativa “En Ruta coa Depo” 17.501 persoas pertencentes a 410 entidades da provincia. Para este 2018 foron adxudicadas en total 19.814 prazas, 2.313 máis que o ano anterior.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados