Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 17 de mayo de 2018
PROVINCIA

Carmela Silva “feliz” ante o informe de bandeiras azuis “que nos sitúa como a segunda provincia do estado con máis galardóns e a primeira en sendeiros azuis”

Guardar en Mis Noticias.

A presidenta da Deputación agradeceu o compromiso de administracións e sector privado “para que Rías Baixas mostre o músculo como destino punteiro en turismo sustentable“.

[Img #41285]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción polo número de galardóns obtidos pola provincia en canto a bandeiras, sendeiros e centros azuis que se coñeceron esta semana e que “mostran unha vez máis que estamos a facer ben as cousas e cun obxectivo claro, facer que Pontevedra sexa unha provincia de turismo sustentable”.

 

A presidenta puxo en valor que Pontevedra conseguira este ano 55 bandeiras azuis. “Son dúas máis que o ano pasado, co que xa somos a segunda provincia do Estado con máis praias galardoadas“. Silva tamén considerou “excepcional o número de galardóns nos sendeiros azuis, tanto que por segundo ano consecutivo a provincia volve a ser a vencedora no territorio español, alcanzando ata 17 carreiros premiados. É potentísimo”, dixo. En canto a Centros Azuis, os distintivos que se entregan a aqueles concellos con praias de Bandeira Azul, Pontevedra sitúase como líder dentro de Galicia con oito centros en seis concellos da provincia.

 

A presidenta provincial tamén felicitou a Mourente (Pontevedra) porque a Festa do Caldo, que leva 27 anos en desenvolvemento, acaba de ser declarada de interese turístico de Galicia tras acreditar o seu valor cultural, de arraigo e singularidade. Con esta declaración, Pontevedra reúne xa 51 festas de interese turístico (galego, nacional e internacional).

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados