Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 15 de mayo de 2018
O PORRIÑO

UGT-FICA apoia as concentracións no Grupo COPO ee insta a Dirección a retomar a senda do diálogo

Guardar en Mis Noticias.

A partir de hoxe día 15 de maio inícianse as concentracións dos traballadores e traballadoras de COPO Ibérica no Porriño para denunciar "a falla de dialogo e as prácticas unilaterais utilizadas pola Dirección da Empresa, onde esta se nega a debater e acordar co Comité de Empresa o Calendario Laboral, así como outros puntos do seu Convenio Colectivo fundamentalmente en aspectos relacionados coas condicións de traballo e a Prevención de Riscos Laborais".

 

Dende UGT-FICA Vigo amosan o seu "apoio o Comité de Empresa e por extensión o conxunto dos traballadores e traballadoras de COPO, é instamos a Dirección da Empresa a que retome o camiño do diálogo e se comprometa a buscar solucións respectando é pondo en valor o seu capital mais importante, que non é outro, que os seus traballadores a traballadoras".

 

UGT-FICA Vigo anima "o conxunto da plantilla de COPO a participar nas concentracións plantexadas polo Comité de Empresa, para que a Dirección tome nota e regrese a mesa de negociación con unha actitude diferente que nos permita buscar unha solución satisfatoria para todalas partes".

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados