Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 15 de mayo de 2018
GALICIA

Conde sinala que o tecido empresarial galego ten que facer da dixitalización o seu elemento diferenciador

Guardar en Mis Noticias.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitaba onte en Bergondo as instalacións do Grupo Cofrico, líder nacional en sistemas de climatización.

[Img #41302]

 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou onte en Bergondo as instalacións do Grupo Cofrico, onde sinalou que o tecido empresarial galego ten que facer das novas tecnoloxías e da dixitalización o seu elemento diferenciador.

 

Neste sentido, destacou o exemplo do grupo Cofrico, líder nacional no sector da climatización e que, segundo Conde, “está sabendo interpretar as necesidades do tecido produtivo e está facendo da innovación o seu sinal de identidade”, incorporando a Industria 4.0 ao seu produto e tamén aos seus procesos.

 

O grupo Cofrico, que dá emprego a 170 persoas e factura ao redor de 25M€ anuais, é unha das 49 empresas que está a participar no programa da Xunta Innova Peme, unha iniciativa que ten como obxectivo impulsar a capacidade de innovación de compañías para lanzar novos produtos ou servizos e para mellorar os seus procesos. A convocatoria de 2017 está a mobilizar 9,5M€ e vai permitir o mantemento ou creación de 263 postos de traballo.

 

 

 

 

Destaca que a innovación é o sinal de identidade desta compañía que emprega a 170 traballadores e factura ao redor de 25M€ ao ano

 

 

 

 

O programa busca a mellora da capacidade innovadora das pemes -de feito, o 45% das axudas son para pequenas empresas, o 33 para microempresas e o resto para medianas- como vía para conseguir unha maior competitividade e internacionalización do tecido empresarial galego e, así, gañar tamaño e cota de mercado o que responde aos obxectivos tanto da estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS 3), como ao Plan Galicia Innova 2020 e a Axenda Industria 4.0.

 

En concreto, o grupo Cofrico está a participar cun proxecto para o desenvolvemento tecnolóxico e mellora da innovación na empresa para aumentar o volume de mercado, os servizos existentes, s eficiencia enerxética e a redución de emisións. Tamén implantará programacións, monitorizacións e melloras nas instalacións cara a Industria 4.0.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados