Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 16 de mayo de 2018
PONTEAREAS

Dúas zonas para aterrizaxe de helicópteros completarán o plan de seguridade para a celebración do Corpus de Ponteareas

Guardar en Mis Noticias.

O Alcalde e a Concelleira de Seguridade Cidadá reuníronse coa subdelegada do goberno e as forzas de seguridade para establecer o operativo especial festas do Corpus.

[Img #41303]

 

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, recibiron no concello á Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortíz, para manter unha reunión con motivo do dispositivo de seguridade que se habilitará durante a celebración das festas do Corpus Christi de Ponteareas. Neste encontro participaron ademais, o coronel, o capitan e o teniente da Garda Civil, o inspector xefe da zona de Vigo da Policía Autonómica, a representante pronvicial de Violencia de Xénero, a Policía Local, Protección Civil e Bombeiros de Ponteareas.

 

A concelleira de Seguridade Cidadá adianta que xa se ten solicitado á Xunta de Galicia o posto de mando avanzado para que ao igual que o ano pasado AXEGA coordine as actuacións en materia de seguridade ante a previsión dunha masiva afluencia de público. No operativo participan ademais Cruz Roja, voluntarios e equipos médicos.

 

Dentro do operativo disporase de dúas zonas de aterrizaxe para helicópteros por se houbera que facer algún traslado de emerxencia, unha ubicada na zona do parque das pombas e outra no Centro de Saúde.

 

A concelleira tamén solicitará a EOXI da área de Vigo dependente do Servizo Galego de Saúde que reforme o centro de saúde de Ponteareas na noite do dous ao 3 de xuño e na mañá do domingo día 3 na que terá lugar a procesión.

 

Para a concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, “é imprescindible a óptima coordinación de tódalas forzas de seguridade locais coas comarcais, provinciais e autonómicas xa que as festas do Corpus Christi implica a afluencia de milleiros de persoas e está nas nosas mans que todos e todas os asistentes poidan gozar dunha noite de lecer e tradición sen sobresaltos. O traballo conxunto e ben coordinado sempre da bos resultados”.

 

Fernández adiantou que durante o encontro prohibirase a circulación e estacionamento de veículos de masa máxima autorizada superior a 3,5 toneladas no casco urbano, agás carga e descarga ou zonas habilitadas para a subida e baixada de viaxeiros, dende as 16:00 horas do sábado 2 de xuño ata as 16:00 horas do domingo 3 de xuño. Os autobuses destinados ao transporte de viaxeiros poderán cargar e descargar  viaxeiros pero aparcarán ou na zona da Freixa ou no entorno do supermercado Eroski en Angoares.

 

Ademais, no decorrer desta reunión tratáronse temas como a redución no número de incidencias penais e delitos.

 

Así mesmo, abordáronse cuestións relativas ás actuacións en materia de violencia de xénero e a aplicación de campañas específicas de concienciación dende as idades máis temperás.

 

“Entre as nosas prioridades de seguridade cidadá está a prevención como base para evitar futuros problemas e garantir a boa convivencia entre a veciñanza. Neste último ano as estadísticas devólvennos cifras alentadoras que constatan que o esforzo en prevención por parte de todos, Garda Civil, Policía Autonómia e Policía Local imprescindible pero aínda é preciso seguir traballando de xeito constante”, explica Xosé Represas, Alcalde de Ponteareas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados