Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 16 de mayo de 2018
DEPORTES

Intenso fin de semana para Asociación Deportiva Avanza

Guardar en Mis Noticias.

[Img #41305]

 

Intenso fin de semana de actividade para a Asociación Deportiva Avanza que na xornada do pasado sábado desprazábanse ata o concello ourensá de Piñor onde se disputaba a segunda edición XCO Concello de Piñor puntuable para  o open galego de XC, onde nunha xornada marcada pola choiva os integrantes da A.d. Avanza conseguía traer para o Porriño dos podios da man de Xoel Montes que conseguía cruzar en terceira posición o arco de meta e na categoría Junior Óscar Fernández conseguía un segundo posto.

 

Tamén na xornada do sábado na categoría de escolas o corredor de categoría alevín masculino Haritz Serrano  desprazábase ata o concello coruñés de Padrón onde conseguía un terceiro posto no podio do XI trofeo Sponsor organizado polo club ciclista Padronés.

 

Xa na xornada do domingo mais dunha quincena de integrantes da escola de ciclismo A.D. Avanza decidiron facer fronte os  preto de douscentos quilómetros que separan O Porriño do Val de Esmelle no concello coruñés de Ferrol para participar na terceira proba do calendario do campionato galego de MINI BTT onde o club ciclista Esmelle organizaba a cuarta edición do trofeo MINI BTT VAL DE ESMELLE, onde os pequenos bikers desprazados ata Ferrol comezaron a maña do domingo cun terreo rebrandecido polas intensas choiva caída a primeiras horas da maña convertendo o escenario da proba nunha autentica proba rompe pernas.

 

Para o primeiro podio para a escola de ciclismo Avanza había que agardar a categoría Promesa Fémina da man de Nerea Soto que unha vez mais lograba subir o mais alto do podio.

 

Na categoría Alevín Fémina Aroa Otero nunha dura loita conseguía cruzar o arco de meta na décima posición demostrando que entrou neste deporte para quedarse e loitar por estar o mais arriba posible.

 

O igual que Nerea a súa irmá Uxía Soto asinaba unha espectacular proba, onde por primeira vez nesta tempada as féminas de categoría infantil competiron xuntas cos infantís masculino, onde a pesar dalgunhas voces discordante foran as pequenas bikers que reivindicaron o seu sitio neste deporte o amosarse a favor de competir a vez cos nenos. Saíndo cunha diferenza de tres minutos Uxía Soto conseguía alcanzar no transcurso da segunda volta a moitos dos rapaces da categoría masculina asinando unha actuación case perfecta onde o público asistente non saía do seu abraio coa actuación da pequena bikers que conseguía sumir o mais alto do podio por terceira vez consecutiva.

 

Na categoría infantil masculino Andrés Valverde conseguía subir o terceiro posto do podio nunha dura loita desde o minuto un da carreira, compre destacar o bo papel dos bikers desta categoría na que cinco dos integrantes da escola conseguín cruzar o arco de meta entre os quince primeiros. Andrés Valverde 3º,Iker Otero 6º, Hugo Martínez 11º,Iván Fernández 14º e Gonzalo Gallego 15º.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados