Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 16 de mayo de 2018
NIGRÁN

Medio cento de maiores disfrutaron esta fin de semana da primeira excursión a Fisterra organizada polo concello

Guardar en Mis Noticias.

Os días 19 e 20 de maio terá lugar a segunda excursión.

[Img #41317]

 

Medio cento de maiores de Nigrán participaron esta fin de semana na primeira excursión de dous días a Fisterra organizada polo Concello. Os días 19 e 20 de maio repetirase cos que solicitaron esas datas.  Os participantes poideron disfrutar o primeiro día dun pequeno paseo pola vila e comida e, xa pola tarde, visita ao Museo do Mar, ruta en barco polos mares de Fisterra con degustación incluída e cea. O domingo coñeceron o faro de Fisterra e acudiu o alcalde do municipio a saudalos.

 

O Goberno local de Nigrán organiza esta actividad de turismo social porque entende que viaxar non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moitísimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados