Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 18 de mayo de 2018
VIGO

A Xunta pecha o acordo sobre os horarios da tempada de verán para viaxar ás Illas Cíes

Guardar en Mis Noticias.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural coordinou as negociacións entre as sete navieiras autorizadas para realizar este transporte marítimo regular, coas que se acadou un acordo unánime.

[Img #41337]

 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pechou esta semana por acordo unánime os horarios que se establecerán para a vindeira tempada estival para viaxar por transporte marítimo regular ás Illas Cíes, do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

 

A Xunta de Galicia coordinou as negociacións levadas a cabo en diversas reunións coas sete navieiras que na actualidade prestan dito servizo de transporte marítimo regular, co fin de que o reparto de frecuencias se fixera dunha forma consensuada e que se axustase aos intereses de todos os operadores.

 

Un dos criterios que seguiu a Xunta para a distribución dos horarios de atraque foi o número de barcos por navieira que van a realizar o transporte regular este verán, asignando un máximo de 4 horarios por cada barco de cada unha das navieiras. Así, os atraques en Cíes serán un total de 43 para a totalidade do período de transporte regular de viaxeiros, que se iniciará o vindeiro 24 de xuño e se prolongará ata setembro e os fins de semana e festivos de outubro.

 

 

 

 

Os atraques en Cíes serán un total de 43 para este período estival, que comezará o vindeiro 24 de xuño e se prolongará ata setembro e os fins de semana e festivos de outubro

 

 

 

 

Cómpre recordar que foi necesario reducir as frecuencias horarias na tempada 2018 por razóns de seguridade, tal e como se recomenda nun informe de principios de marzo emitido por Capitanía Marítima. Neste documento, indícase que o intervalo de tempo necesario entre as saídas dos barcos non debe ser inferior a 20 minutos por razóns de seguridade.

 

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a través do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas, vén de trasladar dito acordo á totalidade de navieiras, ao tempo que lles recorda que este acordo na distribución dos horarios non inflúe no número de visitantes que poden acceder ás Illas.

 

Asemade, tamén se lle trasladará á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a distribución dos horarios por navieiras co fin de activar a aplicación de reservas das navieiras. Cómpre lembrar que este ano é obrigatorio que cada visitante conte coa autorización emitida pola Xunta de Galicia, que é persoal e intransferible, dotada de códigos de control QR, número de autorización e identificación do visitante. Dita autorización pode ser descargada a través da web http:autorizacionillasatlanticas.xunta.gal.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados