Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 16 de mayo de 2018
MOS

A Xunta subvencionará con 240.000 € o viveiro de empresas da Veigadaña

Guardar en Mis Noticias.

Este proxecto que xestionara o Concello conxuntamente con AEMOS esta valorado en 300.000 € e supón unha aposta decidida pola dinamización empresarial do municipio.

[Img #41349]

 

O Concello de Mos, acollido á iniciativa Doing Business Galicia, creará un  Centro de Servizos Avanzados para a Industria, ao abeiro desta subvención, cuxo obxectivo é crear un centro que posibilite recursos e xenere negocios, que acompañe á actividade produtiva de cada emprendedor, desenvolvendo sinerxias que permitan a todas as empresas mellorar asúa competitividade, amplair as súas expectativas de crecemento e garantizar a supervivencia a longo prazo.


Este proxecto xestouse nun convenio asinado o pasado mes de abril  entre o Concello de Mos e a Asociación de Empresarios de Mos ,AEMOS,  na que ésta  realiza a cesión parcial do dereito de superficie da parcela necesaria a favor do Concello de Mos que dará lugar á subrogación pola administración local que se compromete a executar unha edificación industrial con destino a viveiro de empresas no espazo obxecto do convenio. Para elo o Concello de Mos asignará a axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización do mesmo, consistente en 240.000 euros, que representa o 80% da inversión total de 300.000 euros.


A Asociación de Empresarios de Mos aportará, de fondos propios, un importe do 20% da inversión total, é dicir, 60.000 euros.


O Viveiro de empresas de Mos proxectase como un instrumento básico no proceso de creación e fortalecemento da microempresa e das PEMES. A través do mesmo, as empresas nas súas etapas iniciáis obterán formación, asesoramento, apoio na busca de financiación, … Incentivaráse a cultura da innovación, a promoción empresarial, a formación de novos emprendedores, e a cooperación empresarial.

 

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados