Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 17 de mayo de 2018
NIGRÁN

O Concello de Nigrán reanuda o traballo de redacción do PXOM

Guardar en Mis Noticias.

A proposta do goberno, que contou co único voto en contra de Nigrán Decide, supón a transferencia do traballo de Eptisa á Alfonso Botana S.L, empresa formada a posteriori polo propio equipo técnico de Eptisa.

O Concello de Nigrán poderá retomar os traballos de redacción do PXOM despois de que a cesión do contrato de Eptisa a Alfonso Botana S.L. fose aprobada no pleno extraordinario de hoxe cos votos a favor do goberno, en contra de Nigrán Decide e a abstención dos demais grupos. A cuestión regresaba dúas semanas despois a pleno tras ampliar o goberno a documentación coa proposta de cesión, tal e como lle solicitara a oposición.

 

"Agradecemos á oposición o seu sentido da responsabilidade ao non impedir esta cesión, xa que permitirá avanzar no documento de cara a súa  aprobación provisional. Do contrario significaría unha paralización de anos moi negativa para todos", sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que "este cambio de empresa pero non de equipo técnico garante que o documento se siga a desenvolver segundo os prazos previstos e sen maiores incidencias”. Así, compre sinalar que a adquisición de Eptisa por parte da multinacional chinesa JSTI trouxo consigo un cambio de orientación empresarial ao prescindir da súa sección de planeamento urbanístico e, con elo, da tramitación do PXOM de Nigrán e outros 16 municipios; como consecuencia, a propia Eptisa plantexou a cesión do contrato a “Alfonso Botana S.L.”, a nova empresa formada polo seu director e equipo técnico que agora, tras esta aprobación, reanuda os traballos. “Botana ten a nosa máxima confianza porque xa dende Eptisa amosou a súa profesionalidade e compromiso con Nigrán”, insiste González.

 

 

 

 

"Agradecemos á oposición o seu sentido da responsabilidade ao non impedir esta cesión, xa que permitirá avanzar no documento de cara a súa  aprobación provisional. Do contrario significaría unha paralización de anos moi negativa para todos", sinala o alcalde 

 

 

 

 

O goberno destaca que o documento actualmente se atopa nunha fase moi avanzada, con 1.397 alegacións xa resoltas provisionalmente e que poden ser consultadas polos veciños en Urbanismo. "Dende hoxe o Plan segue cara adiante con tódalas garantías formais preceptivas", indica Diego García, edil de Urbanismo, quen aclara que "con esta cesión a legalidade do PXOM xamais se puso en dúbida por parte dos técnicos municipais porque unha cousa é o propio documento en sí e outra o contrato".

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados