Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 21 de mayo de 2018
VIGO

A sala de exposicións da Delegación da Xunta en Vigo acolle “O Pracer de Pintar” dos alumnos do centro social en Pi y Margall

Guardar en Mis Noticias.

A exposición, que se desenvolverá ata o vindeiro 30 de maio, está composta por 42 pezas en óleo e acuarela realizadas polos participantes do taller de pintura.

[Img #41362]

 

A planta baixa da Delegación Territorial da Xunta en Vigo acolle ata o vindeiro 30 de maio a exposición “O Pracer de Pintar”. Unha mostra conxunta dos participantes do obradoiro de pintura do centro sociocomunitario de Vigo, en Pi y Margall, que a semana pasada foi inaugurada polo delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, e a xefa territorial da Consellería de Política Social, Marta Iglesias.  

 

A mostra está composta por 42 pezas en óleo e acuarela realizadas polos alumnos que participan do taller de pintura que desde fai anos impártese neste centro dependente da Administración autonómica. Carmen Lamas Estévez, técnico en plástica, leva dez anos ao fronte deste obradoiro e fixo fincapé en que o máis importante é “a ilusión coa que os maiores afrontan o reto de situarse ante un lenzo en branco e o gusto que manifestan pola arte. Mantenos activos e gozan”.

 

 

 

 

O delegado Ignacio López-Chaves e a xefa territorial de Política Social, Marta Iglesias, salientaron na inauguración o potencial e a creatividade dos artistas

 

 

 

 

No acto, no que tamén estivo presente a directora do centro sociocomunitario Lucía Lorenzo, López-Chaves salientou o potencial e a creatividade dos artistas os que felicitou polo traballo que colgará das paredes da Xunta ata o vindeiro 30 de maio.      

 

Esta exposición súmase así ás múltiples mostras de artistas e colectivos que xa se realizaron na planta baixa do edificio administrativo do Goberno galego, así coma aos cursos e xornadas que se desenvolven no salón de actos ou a organización de actividades culturais e mesas solidarias coma as de DOA ou a AECC, entre outras. Sempre co obxectivo de abrir o edificio administrativo á participación dos cidadáns. Cómpre lembrar ademais que as instalacións da Delegación Territorial –o salón de actos e a zona de exposicións- están dispoñibles para que todos os colectivos e asociacións parroquiais da cidade acheguen as súas actividades culturais e sociais aos cidadáns, co obxectivo de que transcendan máis aló do seu propio ámbito parroquial e todos os vigueses e viguesas poidan coñecelas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados