Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Viernes, 18 de mayo de 2018
Salvaterra de Miño

Unha muller resultou falecida en Salvaterra tras sufrir un accidente

Guardar en Mis Noticias.

[Img #41368]

 

Unha muller perdeu a vida esta madrugada despois de sufrir un accidente co vehículo que conducía pola A-52, ao paso pola localidade pontevedresa de Salvaterra de Miño.

 

Segundo a información faciltada ao 112 Galicia, o sinistro tivo lugar á altura da saída da autovía en dirección a Batalláns cando estaban a piques de dar as tres desta madrugada. Nese momento, o turismo que conducía a vítima saíuse da estrada e, pese aos intentos dos profesionais sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida.

 

Cómpre sinalar que este operativo activouse tras recibir o CIAE 112 a chamada dun particular, que localizou á muller fóra do vehículo e practicamente sen pulso. Decontado, desde o 112, informouse aos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos bombeiros do Baixo Miño, que, finalmente, descartaron intervir debido a que a vítima estaba liberada e accesible.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados