Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de mayo de 2018
Baiona

Presentación do xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Guardar en Mis Noticias.

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, entidade responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no territorio do GDR 14, presentará este martes 22 de maio na Casa do Concello de Baiona a súa candidatura como Xeodestino Turístico para aunar esforzos e ordenar, estruturar e impulsar o turismo dun xeito eficiente nos concellos do seu territorio. 

 

O xeodestino estaría enmarcado dentro do que a Axencia de Turismo de Galicia denomina como xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, é dicir, abarcaríanse os 13 concellos pertencentes ao GDR 14 (Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Oia, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui) xunto co concello de Soutomaior.

 

A presentación do programa estarán presentes os alcaldes, alcaldesas e representantes de todos os municipios implicados.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados