Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 23 de mayo de 2018
MUNDO EMPRESA

O hipersector TIC en Galicia emprega a preto de 22.000 traballadores, a maior cifra rexistrada nos úlitmos cinco anos

Guardar en Mis Noticias.

A Amtega publica o estudo sobre o hipersector TIC galego 2017, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga).

O hipersector TIC galego concentra un total de 3.410 empresas e dá emprego a 21.973 persoas, a maior cifra de traballadores rexistrada nos últimos cinco anos. Estes datos sitúan a Galicia como a quinta Comunidade en volume de empresas desta área, unicamente superada por Madrid, Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana.

 

Así se recolle no estudo sobre o hipersector TIC de Galicia, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e que se publicaba esta semana.

 

O 75,6% das empresas do hipersector TIC inscriben a súa actividade no subsector TIC e un 24,4% no subsector de contidos e servizos audiovisuais.

 

 

 

 

O número de empresas do hipersector TIC en Galicia crece un 2,7% e acada as 3.410 entidades

 

 

 

 

O hipersector TIC galego continúa na liña de crecemento emprendedor xa iniciada no ano 2015, con 520 novas altas de empresas no último ano. Non obstante, o número de baixas incrementouse respecto do ano pasado, aínda que o saldo entre altas e baixas de empresas é positivo, con 90 entidades. O emprendemento foi especialmente significativo no subsector TIC, onde o saldo entre altas e baixas de empresas dá como resultado 140 novas entidades empresariais.

 

O emprego segue a medrar no Hipersector TIC
O emprego no hipersector TIC en Galicia experimenta un crecemento sostido dende o ano 2014. No ultimo ano medrou un 3,4%  e aproxímase aos 22.000 traballadores, a maior cifra dos 5 últimos anos. No  subsector TIC  rexistrouse un crecemento do 4,8% mentres que no subsector Contidos diminúe un 1%.

 

Crece a porcentaxe de traballadores que cotizan no Réxime Xeral ata o 82,9% e diminúe a porcentaxe no Réxime Especial de Autónomos, que se sitúa no 17,1%.

 

O emprego no hipersector das tecnoloxías da información ten un alto grao de masculinización, algo superior ao ano 2016: o 65,7% dos traballadores son homes fronte a un 34,3% de mulleres. No subsector Contidos, a fenda é máis reducida, pois as mulleres representan o 41,7% dos traballadoress fronte ao 32,1% do subsector TIC.

 

Contribución ao PIB e exportacións
O hipersector TIC contribúe nun 2,1% ao PIB galego, destacando especialmente o subsector TIC, que representa o 1,8% do total desta contribución.  

 

As exportacións de bens do hipersector TIC en Galicia achegáronse no ano 2016 ata os 76,8 millóns de euros, case 4 millóns de euros máis que no ano 2015 (5,5% de incremento). O forte peso das exportacións do hipersector débese fundamentalmente ao subsector TIC, e, en maior medida, ás exportacións de equipos de telecomunicacións (CNAE 26.3) que representa o 59,6% do total das exportacións do hipersector TIC.

 

 

 

 

O gasto en innovación tecnolóxica nas empresas galegas medra un 9,3% e acada os 504 millóns de euros

 

 

 

 

Aposta polo investimento en I+D
Durante o ano 2016, 900 empresas galegas de 10 ou máis traballadores realizaron algún tipo de actividade innovadora. Se se amplía ao período de 2014 a 2016 son un total de 2.053 empresas de 10 ou máis traballadores  as que realizaron algunha actividade de I+D, o que representa o 27,5% das empresas galegas. A nivel estatal, Galicia ocupa a sexta posición no ranking de empresas innovadoras no ano 2016.

 

Atendendo ao tipo de innovación realizada polas empresas, o 12,2% do empresariado galego realizou innovacións tecnolóxicas durante o período 2014-2016, situándose en valores similares á media estatal.

 

O gasto en innovación tecnolóxica en Galicia incrementouse nun 9,3% no último ano e acada os 504 millóns de euros. Ademais, durante o ano 2016 incrementouse nun 19,2% o número de empregados/ as que traballaban en I+D no tecido empresarial galego. Así, en Galicia traballan 9.367 persoas en I+D a xornada completa, o que supón o 4,5% do total de traballadores/as en I+D de España.

 

Galicia é a sexta Comunidade Autónoma con maior número de traballadores en I+D a xornada completa, incrementándose respecto ao ano 2015 nun 3,6%.

 

Poden consultarse os datos deste informe na seguinte ligazón: www.osimga.org

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados