Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 27 de mayo de 2018
NIGRÁN

O Goberno de Nigrán mellorará as bases do programa municipal de canguros

Guardar en Mis Noticias.

O obxectivo é que o servizo inclúa os fines de semana e poida realizar funcións de acompañamento fora do domicilio, como traslado ao colexio ou a unha actividade extraescolar ou de ocio.

O  goberno de Nigrán levará ao pleno ordinario da vindeira semana unha modificación nas bases do servizo municipal de canguros  destinado a familias en risco de exclusión social. O obxectivo é que o servizo inclúa os fines de semana e poida realizar funcións de acompañamento fora do domicilio, como traslado ao colexio ou a unha actividade extraescolar ou de ocio, cuestións que as bases actuais non contemplan e que son demandadas polas persoas usuarias.

 

O goberno de Nigrán destina unha partida orzamentaria de 5.000 € en 2018 para este servizo destinado as familias con menos recursos que precisan dispor dun tempo determinado para realizar actividades de tipo laboral, formativo, sanitario ou social, pero ao mesmo tempo se trata tamén de ofertar aos menores cuidados básicos e atencións de carácter lúdico e educativo. Por outra banda, implica a contratación de persoal cualificado, polo que contribúe a crear emprego.

 

 

 

 

O programa municipal, cunha partida orzamentaria de 5.000 €, busca a conciliación e favorecer a búsqueda de emprego, formación ou participación en actividades da comunidade

 

 

 

 

“Melloramos as bases para adaptalas ás verdadeiras necesidades das persoas e facilitar así a conciliación. Hai moita xente con dificultade económica que aínda por riba ten problemas á hora de buscar un traballo ou de formarse porque non se pode permitir pagar un servizo privado para o coidado dos fillos, é a esa xente a quen queremos chegar para que teña as mesmas oportunidades; queremos un Nigrán para todos e con este obxectivo promovemos o Programa Municipal de Canguros”, explica Juan González, alcalde de Nigrán.

 

Os principios do programa recollidos nas bases son a flexibilidade e multifuncionalidade, é dicir, poderase acceder ao servizo en diferentes momentos e horarios, conforme aos intereses da unidade familiar; o benestar do menor; e intervención personalizada grazas a un contacto previo para dar respostas concretas a cada necesidade. Para acceder ao servizo é preciso estar empadroado en Nigrán, que estea xustificada a petición do mesmo e cumprir cos requisitos de natureza económica  establecidos (a modo orientativo, unha familia de dous membros non pode exceder os 15.745 €/ano e unha de catro os 22.6673 €). Asimesmo, o prazo de solicitude estará aberto todo o ano. “As necesidades de canguro poden xurdir de sópeto ou ir variando, por iso é un programa flexible ao que poder acollerse en calquera momento”, indica o rexedor, quen asume este servizo como parte da política social coa que se comprometeu ao chegar ao goberno.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados