Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Jueves, 24 de mayo de 2018
Tui

Aparece entre os escombros unha segunda persoa falecida na explosión de Tui

Guardar en Mis Noticias.

Permanecen ingresados seis feridos e hai dúas persoas en observación

[Img #41574]

 

Os equipos de rescate que traballan nos labores de desescombro trala explosión dunha pirotecnia en Tui localizaron esta mañá o cadáver dunha segunda persoa. Os traballos reiniciáranse a primeira hora, coa incorporación de dous cans de rescate, despois de que a autoridade xudicial determinara onte pola noite que o lugar non era seguro para os grupos de intervención. De madrugada quedaron no lugar catro dotacións de bombeiros que se dedicaron a extinguir posibles focos. Todos foron de pouca relevancia salvo un que foi maior e requiriu dunha nodriza para dotar de auga aos bombeiros.

 

Axentes da Garda  Civil e Policía Nacional, axudados por Protección Civil, mantiveron a seguridade na zona, onde interviron 240 efectivos de emerxencias e ducias de axentes de Policía Nacional, Garda Civil, Autonómica e Local.

 

Os veciños que perderon as casas foron realoxados en hoteis e reciben asistencia e apoio. Cruz Roja mantivo un dispositivo de albergue na zona, que prestou asistencia a 5 dos  evacuados.

 

Os centros sanitarios da área de Vigo levan atendidos a un total de 37 feridos, dos que 7 deles son menores. Na mañá de hoxe permanecían ingresados 6 e outros dous en observación

 

Así, desde a xornada de onte, 16 pacientes foron atendidos no Punto de Atención Continuada (PAC) de Tui, 15 no Hospital Álvaro Cunqueiro, 3 en POVISA e 3 en Fátima.

 

Os feridos presentaban lesións de diversa consideración: contusións, fracturas, queimaduras e traumatismos, aínda que, no momento actual, ningún caso ten un pronóstico moi grave nin existe compromiso vital.

Noticias relacionadas
Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados