Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 25 de mayo de 2018
GONDOMAR

17 mozos e mozas do Concello de Gondomar presentaránse hoxe as probas de obtención da ESO

Guardar en Mis Noticias.

[Img #41593]

 

O Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, coñecedor das dificultades para acceder ao mercado laboral da mocidade que abandonou os seus estudos, apostou por darlles unha oportunidade para mellorar o seu futuro.

 

Dezasete mozos e mozas participan dende o mes de novembro nun curso preparatorio dos ámbitos da comunicación, científico-tecnolóxico e social, financiado integramente polo Concello de Gondomar e impartido por Radio ECCA, para poder presentarse a proba que se vai levar a cabo hoxe 25 de maio e conseguir o Titulo de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

 

O alcalde Paco Ferreira, quere agradecer ó alumnado o esforzo e tesón amosado o longo do curso e darlles ánimos para superar esta proba, crucial para empezar unha nova andaina cara o futuro laboral e formativo, que estou seguro mudará as súas vidas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados