Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 27 de mayo de 2018
TOMIÑO

ACUBAM e o Concello de Tomiño achegan aos máis cativos do Concello de Tomiño ao sector do agro

Guardar en Mis Noticias.

A actividade consiste na participación dos nenos e nenas dos colexios de Educación Primaria do Concello de Tomiño, nun taller práctico na Fundación Sales.

Acubam, a Asociación de Cultivos do Baixo Miño, en colaboración co Concello de Tomiño, ven traballando pola dignificación, profesionalización e fortalecemento do sector agro na Comarca do Baixo Miño, dende hai xa máis de 15 anos. A asociación de Cultivos do Baixo Miño, a día de hoxe constitúese como unha Asociación forte e consolidada, aglutinando empresas punteiras de diferentes subsectores como a planta, a froita, a horta e a flor que representan toda a cadea de valor do sector agrícola.


Aliñado cós obxectivos e as liñas de acción recollidas no Plan Estratéxico sectorial elaborado en 2017, traballamos por poñer en valor o territorio do Baixo Miño e os seus recursos, achegando ás novas xeracións unha visión real e actualizada deste sector como unha verdadeira oportunidade de desenvolvemento profesional e de xeración de riqueza no entorno. Deste xeito contribuímos a paliar unha das principais debilidades actuais: o relevo  xeracional do agro no noso entorno.


Así pois, desde ACUBAM deséñase e ponse en marcha a Actividade “ O Agro nas Escolas”. O desenvolvemento da actividade consiste na participación dos nenos e nenas dos colexios de Educación Primaria do Concello de Tomiño, nun taller práctico na Fundación Sales  (http://www.fundacionsales.org/); fundación que traballa pola dignificación do sector agrícola e a súa posta en valor, a través, fundamentalmente, de accións de divulgación e sensibilización.


As accións serán desenvolvidas có apoio loxístico e económico de Concello de Tomiño, reforzando así o compromiso desta administración local có apoio ao desenvolvemento, posicionamento e fortalecemento do sector agrícola.


Na Fundación poderán desfrutar das súas instalacións, o seu xardín botánico e adquirir coñecementos técnicos sobre o sector e experimentar cun taller práctico sobre plantación.

 

Calendario de visitas:

Data

Centro educativo

curso (primaria)

número de alumnado

horario

29 maio

CEIP Sobrada

1º e 2º

48

09h00-14h00

30 maio 

CEIP Barrantes e CEIP Tebra

2º (Tebra)// 2º e 3º (Barrantes)

19 (Tebra)// 23 (Barrantes)

09h00-14h00 (Tebra)/ 09h30-14h30 (Barrantes)

6 xuño

CEP Pedro Caselles Beltrán

distintos cursos

50

09h40-14h40

8 xuño

CEIP Pintor Antonio Fernández

2º, 3º e 4º 

51

09h05-14h05

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados