Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 28 de mayo de 2018
SALVATERRA DE MIÑO

Tres praias fluviais de Salvaterra entrarán no censo das zonas de baño de Galicia

Guardar en Mis Noticias.

A petición da asociación Lazoiro a consellería de Sanidade require ao concello de Salvaterra a inclusión no censo das praias fluviais de Galicia as de Abelán, Muíños e Bocal.

[Img #41611]

 

A asociación Lazoiro, que a finais do ano 2016 remitiu un escrito á Consellería de Sanidade para incluír no censo zonas de baño de  Galicia as praias fluviais de Abelán, na parroquia de Fornelos, Bocal, na parroquia de Oleiros, e os Muíños en Salvaterra, acaba de recibir a contestación favorable.

 

Lazoiro recorda que estas praias fluviais ao non formar parte do censo oficial das zonas de baño de Galicia, non estaban sometidas a ningún control da calidade das súas augas, por iso ao amparo da Lei 14/1986, do 25 de abril, que prevé que “as actividades e produtos que, directa ou indirectamente, poidan ter consecuencias negativas para a saúde, sexan sometidos ao control das administración públicas”  sendo unha destas actividades é o uso recreativo da auga, en concreto as zonas de augas de baño naturais.

 

Dende Lazoiro recordan que a catalogación destas praias do río Tea (Abelán e Muíños) vai permitir consultar en liña o estado da auga en todo momento pois ata agora o último punto recoñecido como zona de baño atópase en Ponteareas, esquecéndose por tanto do treito final do Tea que vai até a desembocadura no río Miño. Isto suporá un alicerce para revitalizar estas zonas, tanto no Tea  (Abelán e Muíños)  como no Miño (Bocal) e dará seguranza a aquelas persoas que busquen zonas de baño onde a calidade da auga se atope controla por un organismo oficial, axudando por tanto a unha promoción turística desas zonas moi importante.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados