Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 29 de mayo de 2018
TOMIÑO

A Xunta convoca do 11 ao 14 de xuño aos titulares dos terreos afectados pola variante do Seixo, en Tomiño

Guardar en Mis Noticias.

Cun investimento de 3,5 millóns de euros, a nova vía proporcionará unha alternativa para reducir o intenso tráfico do núcleo urbano do Seixo e mellorar a conexión futura coa vía de altas prestacións Tui-A Guarda.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se convoca do 11 ao 14 de xuño aos titulares dos terreos afectados pola construción da variante do Seixo, no Concello de Tomiño, para o levantamento de actas previas á ocupación.

 

Os propietarios das fincas deberán presentarse na casa consistorial de Tomiño, a partir do luns día 11 e ata o xoves día 14 de xuño, incluído, no horario establecido de 9.30 e as 13,30 horas. Os propietarios acudirán ao concello segundo a orde alfabética do seu apelido, empezando pola letra “A”.

 

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa ao anuncio hoxe publicado: https://bit.ly/2GNvymh

 

 

 

 

O proxecto contempla a execución de 5 glorietas nas interseccións coas rúas existentes e unha conexión urbana de 150 metros para unir a nova vía co centro urbano de Seixo

 

 

 

 

Esta actuación, que suporá un investimento total de 3,5 millóns de euros, busca  mellorar a conectividade da estrada provincial Tomiño-Sabarís (EP-3102), concretamente na avenida da República Arxentina, no núcleo de Seixo, e reducir o intenso tráfico que se rexistra actualmente na PO-344, na rúa Gondomar, grazas á un trazado dunha nova estrada que actúe de variante da PO-344 no núcleo urbano do Seixo.

 

A nova vía proporcionará unha saída natural á avenida da República Arxentina, e á estrada provincial que conduce á Pedra cara o leste do núcleo, e permitirá a futura conexión da PO-344 coa vía de altas prestacións Tui-A Guarda, sen necesidade de atravesar o núcleo urbano. Tamén, comunicará os equipamentos existentes na estrada EP-3102 como o CEP Pedro Caselles, co centro de saúde, a residencia asistida, e mesmo co Instituto de Tomiño, inmediatos á avenida da República Arxentina.

 

Esta vía terá unha lonxitude de algo máis de 1,3 quilómetros e conectará coa estrada EP-3102 polo sur, coa PO-344 ao norte do núcleo de Seixo, así como co enlace previsto da vía de altas prestacións Tui-A Guarda. Será unha estrada con dobre sentido de circulación, de 10 metros de ancho, 6 para unha senda peonil e ciclista, bermas de 0,5 metros, e gabias de 2 metros.

 

 

 

 

A consellería de Infraestruturas e Vivenda destinará case 1 millón de euros ao proceso expropiatorio

 

 

 

 

No seu trazado está prevista a execución de cinco glorietas nas interseccións coas rúas existentes e proxéctase a maiores unha conexión urbana de 150 metros para unir a nova vía co centro urbano de Seixo.

 

O proxecto de trazado para a mellora da conexión entre as estradas Tomiño-Sabarís e a PO-344, ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo, destinará case 1 millón de euros ao proceso expropiatorio.

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda cumpre así os compromisos adquiridos no convenio que asinou en agosto pasado co Concello de Tomiño e a Deputación de Pontevedra para o impulso conxunto desta actuación.

 

[Img #41616]

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados