Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 1 de junio de 2018
MOTOR

Esta primavera á venda o novo Mercedes-AMG GT S Roadster

Guardar en Mis Noticias.

[Img #41668]

 

Na primavera, Mercedes- AMG estende a súa carteira de vehículos deportivos co novo  AMG GT  S  Roadster (consumo combinado: 11.5  l/100 km; emisións de CO2 combinadas: 262  g/km)1 como un atractivo modelo para a condución ao descuberto. Con esta nova incorporación, a familia  AMG GT conta agora cunha ducia de membros: catro  Coupés de dúas portas, tres  Roadsters, dous vehículos de competición para clientes privados e tres  Coupés de catro portas. A base das altas prestacións do  AMG GT  S  Roadster é a combinación do lixeiro chasis  spaceframe de aluminio, un motor V8  biturbo, un cambio de dobre  embrague e sete velocidades, un bloqueo de diferencial traseiro e unha suspensión deportiva de aluminio de dobres triángulos.


O motor  AMG de 4.0 litros V8  biturbo do  AMG GT  S  Roadster desenvolve unha potencia de 384  kW (522 CV) e un par máximo de 670  Nm. Este está dispoñible nun amplo rango de revolucións desde 1.900 ata5.000  rpm. A aceleración de 0 a 100 km/ h realízase en 3.8 segundos. E a dinámica entrega de potencia continúa ata alcanzar o 308 km/ h de velocidade punta.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados