Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 31 de mayo de 2018
A LOURIÑA

O Consorcio do Louro convida a 80 empresas a visitar as súas instalacións

Guardar en Mis Noticias.

[Img #41699]

 

En 2013, creouse o Consorcio de Augas do Louro, como ente supra municipal en materia de augas, comezando a súa andadura efectiva no ano 2014. Este feito contribuíu a dar un paso máis de cara a mellorar e optimizar a xestión integral do recurso auga, coa intención de que isto repercuta nun mellor servizo aos usuarios finais, tanto domésticos como industriais.

 

Por outro lado, continuouse coa incansable labor de eliminación das verteduras irregulares a medio receptor, coa finalidade de preservar os recursos naturais deste ámbito, especialmente as masas de auga.

 

Nesta última labor, o sector industrial ten un peso importante coa correcta segregación, caracterización e tratamento das augas xeradas nas súas instalacións.

 

Neste sentido, e sendo coñecedores dos esforzos realizados polas empresas que durante estes últimos anos tramitaron con este Organismo o permiso de vertedura, o Consorcio ten a ben convidar ás 80 empresas que o acadaron dende 2014 a realizar unha visita guiada ás instalacións da EDAR de Guillarei a realizar o vindeiro 5 de xuño, coincidindo co día mundial do medio ambiente.

 

A finalidade da visita é dar a coñecer o ámbito de actuación do Consorcio, os seus medios e tecnoloxías e poder mostrar de primeira man o correcto funcionamento da EDAR de Guillarei coas diferentes liñas de tratamento da planta; á súa vez, exporase o motivo das esixencias en materia de auga consideradas tanto na rede de colectores municipais como nas instalacións interiores das industrias.

 

As empresas convidadas que estean interesadas en asistir á visita guiada deben confirmar a súa asistencia mediante o correo electrónico contacto@consorciodolouro.es, indicando o nome da empresa participante, o número de asistentes e o seu cargo.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados