Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 28 de mayo de 2018
TUI

Carmela Silva despraza ao Concello de Tui novo persoal e medios da Deputación de Pontevedra que se incorporarán ao gabinete de crise

Guardar en Mis Noticias.

Dous aparelladoras do Servizo de Arquitectura, un técnico de Xestión do Servizo de Patrimonio e un experto en seguros chegarán este martes á vila tudense.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, decidiu hoxe o traslado ao Concello de Tui de novo persoal e medios técnicos destinados ao Gabinete de Crise que está a coordinar os traballos de atención ás familias afectadas pola explosión da pirotecnia “La Gallega”.

 

Este martes, a primeira hora, dúas aparelladoras do Servizo de Arquitectura da Deputación, un técnico de xestión económica do Servizo de Patrimonio e un experto en seguros se incorporarán aos equipos que traballan na zona cero en canto á diagnose da situación das vivendas; e no Centro de Formación de Tui de asesoramento económico e sobre os seguros ás persoas que padeceron as consecuencias da catástrofe. Precisamente, este tipo de persoal profesional foi unha das necesidades máis demandadas na constitución do Gabinete do pasado sábado.

 

O traslado do persoal únese así á mobilización desde o primeiro momento dos parques de toda a provincia do Consorcio Contra Incendios, adscrito á Deputación; ao desprazamento de seis traballadoras dos Servizos Sociais da Deputación de Pontevedra que comezaron a traballar o pasado venres en colaboración co Concello; aos equipos de informática e tecnoloxía para dotar de cobertura á zona; aos vehículos e maquinaria; e á activacións das axudas de emerxencia dependentes do Departamento de Cohesión Social da institución provincial.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados