Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 30 de mayo de 2018
TUI

No Centro de Atención contabilízanse 692 persoas afectadas e 325 expedientes de incidencias

Guardar en Mis Noticias.

Catro familias que perderon a casa será reubicadas nas próximas horas.

Un total de 692 persoas afectadas e 325 expedientes de incidencias aberto son os que até á unha desde mediodía tiña o Centro de Atención aos Afectados de Paramos situado no Centro de Formación Municipal. Unha vintena de empregados do Concello de Tui está a atender aos afectados neste punto onde se centraliza todos os labores.  Esta mañá no Gabinete Urbanístico – integrado por dous aparelladores municipais e dous auxiliares administrativos – esta mañá prestouse asistencia a 21 persoas  asesorándoas sobre todo la presentación da Comunicación Previa para levar a cabo a reparacións nos seus inmobles.


Mentres o persoal dos Servizos Sociais Comunitarios coordinados pola traballadora social céntranse noutros aspectos coma a reubicación das familias que non poden volver as súas casas. Así nas próximas horas catro familias trasladaranse xa a unha vivenda en réxime de alugueiro, mentres que se continua coa prospección no mercado inmobiliario para atopar pisos ou casas que se adapten as necesidades das familias pendentes de reubicar en función do número de membros da unidade familiar, menores escolarizados, disposición ou non de vehículo, e necesidade ou non de transporte público entre outros aspectos.


No Centro de Atención aos Afectados están tamén tres traballadores sociais da Deputación de Deputación, aos que mañá se sumarán dúas aparelladoras do Servizo de Arquitectura da Deputación, un técnico de xestión económica do Servizo de Patrimonio e un experto en seguros. Tamén por parte da Xunta mañá incorporarase un técnico do Instituto Galego de Vivenda e Solo que informará e asesorará sobre a liña de axudas que este xoves aprobará o Consello da Xunta. Tamén se conta con catro persoas voluntarias que están colaborar en distintas tarefas.


No barrio da Torre continúan os traballos de avaliación e reparación de infraestruturas por parte do arquitecto municipal e operarios do servizo de obras. O concello solicitará amais aos os peritos xudiciais que están avaliando os danos en todas as casas – tanto na zona cero como fóra da mesma – que realicen tamén unha valoración económica para así poder cuantificar os danos provocados pola explosión do pasado mércores.  Até o momento segundo os datos dos técnicos municipais hai 26 casas destruídas completamente, 49 inmobles coa estrutura moi afectada e 43 que presenta unha gran afectación na cuberta.


Precisamente dende o Centro de Afectados fan un chamamento a persoas que sufriron danos nos seus vehículos e que inicialmente non o rexistraron no expediente de incidencias a que se acheguen de novo ata este punto para incorporar eses danos, xa que precisarán formar parte da listaxe de afectados na tramitación que terán que facer coa aseguradora do seu automóbil.


O alcalde de Tui visitou onte aos feridos que permanecen en centros hospitalarios
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, visitou no día de onte ás catro persoas que continúan ingresadas en centros hospitalarios  interesándose polo seu estado de saúde e transmitíndolles o apoio e solidariedade por parte do Concello. Ao tempo aproveitou o rexedor para coñecer de primeira man as necesidades que poden ter no momento en que sexan dadas de alta.


Centro de Atención aos Afectados
Lembramos que o Centro de Atención aos Afectados está situado no Centro de Formación do Concello de Tui en Guillarei. Hai unha conta de correo habilitada afectadostui@concellotui.org e o teléfono é o 986 60 39 49.
Cómpre recordar tamén que ABANCA abriu unha conta para realizar doazóns a favor dos afectados de Paramos. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, asegura que o 100% destes fondos que se recaden será para a axuda aos afectados.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados