Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 31 de mayo de 2018
TUI

O Fondo de Emerxencia, que se aprobará este xoves en pleno, cubrirá en primeiro lugar as necesidades básicas dos afectados

Guardar en Mis Noticias.

No pleno estudaranse os informes sobre a conveniencia de solicitar a declaración de zona catastrófica.

A xunta de portavoces do Concello de Tui reunida na casa do concello consensuou levar a o pleno ordinario deste xoves a aprobación dun millón de euros, con cargo ao remanente de tesourería, para o Fondo de Emerxencia tras explosión rexistrada o pasado mércores na parroquia de Paramos.


Os voceiros políticos estiveron de acordo en que a distribución destes fondos se realice en coordinación cos Servizos Sociais Comunitarios municipais, destinándose en primeiro lugar para cubrir as necesidades básicas de alimentos, roupa, transporte...dos afectados.


Por outra parte a Xunta de portavoces acordou abordar tamén no pleno ordinario deste xoves a conveniencia da declaración de zona catastrófica baseándose no informe elaborado pola secretaría municipal e noutro informe que se solicitará a un técnico externo. 

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados