Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 1 de junio de 2018
SALVATERRA DE MIÑO

O Concello de Salvaterra de Miño presenta o seu campamento de Verán

Guardar en Mis Noticias.

[Img #41735]O Concello de Salvaterra de Miño organiza un ano máis os campamentos de verán, dentro do programa de conciliación familiar,   para nenos e nenas con idades comprendidas dende os 4 aos 18 anos, ofrecendo máis de 350 prazas.

 

Un programa diverso, con actividades variadas, que buscan facilitar a conciliación da vida laboral e familiar nos meses estivais, ademais de incentivar a convivencia e a participación dos nenos e nenas. Este ano amplíanse os horarios dos campamentos, tanto para os máis pequerrechos como para os maiores, ofrecendo un  horario que pode ir dende ás 09.00 hasta as 14.00h, durante o mes de xullo.

 

Como xa é costume, ofertase un curso de cociña saudable, para os rapaces e rapazas de 14 a 16 anos ( do 9 ao 13 de xullo) co fin de que aprendan a comer e a elaborar comida saudable, e un curso de Inglés, de 10 a 18 anos ( os mércores de xullo e agosto) de nivel pre-intermedio e intermedio.

 

Ademáis destas actividades e campamentos gratuítos, o Concello leva a cabo nos meses de xullo e agosto os cursos de natación, que acolle nenos e nenas dende os 4 anos a adultos, onde preto de 100 alumnos e alumnas aprenden e melloran a súa técnica.

 

Máis de  350 prazas para un verano pensado  e enfocado cara os máis cativos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados